Partido Popular de Lugo

Rojo creará unha concellería da mocidade para fomentar o emprego entre os máis novos

Monterroso, 1 de maio de 2011.-   O candidato á alcaldía polo Partido Popular na localidade de Montorroso, José Rojo Núñez, creará unha concellería da mocidade se gaña as eleccións o vindeiro 22 de maio. Así o puxo de manifesto o alcaldable durante o comité executivo que Novas Xeracións da Provincia de Lugo celebrou hoxe na localidade lucense. Segundo Rojo, “temos a mocidade máis formada da historia, pero sen saída”. Ante esta situación, o popular centrará parte do seu programa no fomento do emprego e da mellora das condicións laborais dos máis novos.

Para incrementar o número de postos de traballo, Rojo fomentará e potenciará a creación de industrias, dotando de chan industrial suficiente e favorecendo así o asentamento de novas empresas. Unha iniciativa, que segundo o popular “facilitará a busca de emprego a todos os habitantes, e en especial á muller e á xuventude”.  Ademais da preocupación pola situación laboral dos xóvenes, o candidato popular dotará de rede de banda ancha de internet ao rural da zona e creará unha residencia de terceira idade “que tamén xerará emprego”, precisou.
Durante o acto, o Popular tamén anunciou iniciativas en materia educativa como é o premio ao mellor expediente ao final de cada nivel educativo ou inclusive a realización de infraestruturas nos centros educativos –arranxo de polideportivo e construción dunha dársena no colexio ou rematar de cubrir a pista politideportiva do instituto–.  Entre as medidas que levará a cabo se asume a alcaldía o vindeiro maio tamén se atopa o fomento  da cultura e o deporte ou a construción dun local para reunións.

Pola súa banda o presidente provincial asegura que a celebración do comité executivo en Monterroso é “a mostra do apoio que dende a agrupación lle mostraremos ao PP local”. Neste sentido, Vega ofreceulle todo o apoio de novas xeracións ao alcaldable local , ao tempo que criticou a actual xestión do goberno local.  Calificou a xestión de Gato de abordar o “despilfarro económico, unha aprendizaxe tomada dende a Deputación lucense, que cobra pero non traballa”

Novas Xeracións da provincia tamén repartiu panfletos informativos aos xóvenes sobre a situación dos parados que ascenden aos 5 millóns, dos cal un 43% corresponde ao paro xuvenil.  Vega considera que “ a información é o procedemento a seguir e non a celebración do día do traballo con meras comidas sen aporte informativo e orientativo”.