Partido Popular de Lugo

Castiñeira colga en www.oteualcalde.com un vídeo coa súa candidatura, un equipo “novo e con moitas e boas ideas” para combater o desemprego, a inseguridade e o derroche

Lugo, 1 de maio de 2011.- O candidato popular á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira vén de colgar este domingo un vídeo na súa páxina persoal www.oteualcalde.com no que, ademais de amosar publicamente aos seus compañeiros na candidatura, explica cáles son as súas prioridades e cómo as irá resolvendo se é elixido alcalde o vindeiro 22 de maio.

Coincidindo co 1 de maio, o propio Castiñeira explica no vídeo qué solucións adoptará para frear esta lacra que afecta especialmente ao noso Concello, xa que é a cidade galega na que máis medrou o paro nos últimos catro anos. Tamén centrará os seus esforzos noutros obxectivos coma a redución da débeda, a eliminación de derroches, a boa prestación dos servizos sociais ou a reestruturación da Policía, entre outras metas.

No vídeo, gravado en localizacións diferentes, participan os 15 primeiros membros integrantes da súa candidatura, polo que supón a primeira aparición pública nun vídeo das 10 incorporacións: Encarna Amigo (3), Arcadio Silvosa (5), Lourdes Yáñez (6), Isabel Devesa (8), Mari Teijeiro (10), Ángel Trabada (11), Raquel Castiñeira (12), Antonio Ameijide (13), Juan Carlos Plaza (14) e Agustina Fernández (15). Como é lóxico tamén interveñen os outros cinco candidatos, que xa forman parte agora da corporación municipal: o propio Jaime Castiñeira (1), José Manuel Barreiro (2), Cristina Ares (4), Quique Rozas (7) e Manolo López (9). “Non é casualidade que aparezan os 15 primeiros, senón que significa que é o noso obxectivo de cara ao 22 de Maio e por menos non pasamos”, subliñou o popular.

O vídeo remata coa candidatura ao completo na praza de Augas Férreas, onde cada un dos membros porta unha letra, de xeito que se forma a expresión “Lugo Quere a Jaime Castiñeira”.

Traballo na rede e na rúa.- Ademais do traballo nas súas redes sociais (Facebook e Twitter) e noutras páxinas coma Spotify (foi o primeiro candidato galego en ter unha lista de reprodución coas súas cancións favoritas nesta plataforma) ou Youtube, Castiñeira segue participando en actos coma os deste domingo en Labio e no partido que na tarde de hoxe enfrontou ao CD Lugo co filial do Celta de Vigo.

O popular confía moito no traballo coordinado entre as dúas esferas: a presencial e a virtual e incluso avoga por facelas coincidir, de aí que onte asistiran preto dun cento de persoas convocadas por Facebook ao acto de presentación da candidatura. Adxuntamos foto de parte das persoas invitadas a través das redes sociais.