Castro de Rei, a 1 de maio de 2011.- O presidente dos populares lucenses participou a última hora da tarde de hoxe en Castro de Rei no acto de presentación da candidatura coa que os populares concurrirán ás eleccións locais do vindeiro mes de maio. A lista que encabeza Francisco Balado tamén contou co respaldo, entre outros cargos orgánicos e electos do Partido Popular, de Agustín Hernández e José Manuel Balseiro, secretario xeral dos populares lucenses.
José Manuel Barreiro indicou durante a súa intervención que o Partido Popular é a única forza política “con capacidade e con proxecto” para “reencauzar a política local e para asegurar un futuro próspero para este municipio e para os seus veciños”. Así, segundo explicou, “é incuestionable que durante esta lexislatura Castro de Rei perdeu capacidade de liderazgo por culpa do matrimonio “a tres bandas creado co único fin de evitar que o Partido Popular continuara na Alcaldía”.
“Catro anos de experimento foron suficientes porque, dada a situación económica que vive o país, non podemos permitirnos o luxo de continuar perdendo o tempo”, engadiu.
Para Barreiro “é unha evidencia” que os populares cando asumen a responsabilidade de goberno nun concello, ó igual que o Goberno galego agora, baixo a dirección de Feijoo, aplican unha política económica equilibrada, “precisamente para non condenar ós concellos a débedas impagables ás que terán que facer fronte non só as xeracións presentes senón tamén as futuras”.
Son gobernos, segundo engadiu, abertos á cooperación con outras administracións “para que os veciños ós que representan dispoñan de todos os servizos e dotacións posibles”. “A súa xestión, en definitiva, está baseada na eficacia e no servizo á cidanía”, apuntillou.
Para Barreiro, Balado e o seu equipo están “capacitados e preparados” para gobernar, “só precisan contar co voso respaldo para poder demostralo”.
Candidatura
1.- Francisco Javier Balado Teijeiro
2.- Roberto Lorenzo Fernández
3.- Antonio Iglesias Lombardía
4.- Laura Campo Fernández
5.- María Josefa López López
6.- José Rielo Losada
7.- José Luis García Barja
8.- Victoria Eugenia Lamela Ben
9.- José Manuel Rivas Granda
10.- Marisol Gigan Díaz
11.- José Bouso Lejo
12.- Josefa Mouriz Teijeiro
13.- María Esther Fernández Rodríguez
Suplentes
Maximino Trigo Lage
Fidel Prieto Carballeira
Eva María González Irimia