Partido Popular de Lugo

O GRUPO POPULAR DESTACA A INVERSIÓN DE PRETO DE 30 MILLÓNS DE EUROS DO GOBERNO DA XUNTA DE GALICIA NA COMARCA DA FONSAGRADA NO ECUADOR DA LEXISLATURA

A Fonsagrada, 30 de abril de 2011.- A deputada do Grupo Popular Emma Álvarez Chao  fixo balance dos investimentos feitos polo goberno da Xunta de Galicia no ecuador da lexislatura na comarca da Fonsagrada indicando que a inversión foi de preto de 30 millóns de euros para os municipios de A Fonsagrada, Baleira e Negreira de Muñiz. Álvarez Chao destacou que a Consellería que mais investiu foi a de Medio Rural “como non podía ser doutro xeito tendo en conta o carácter rural e carga gandeira desta comarca da montaña lucense”. A deputada popular reuniuse co candidato do PPdeG a alcaldía de Fonsagrada, Tobías Martínez Cotarelo,  para valorar estas inversións feitas pola Xunta no Concello, onde se inverteu o 50% do investimento feito na comarca cun investimento medio de mais de 3500 euros e de mais de 33 mil euros por kilómetro cadrado no municipio máis extenso de Galicia cunha orografía adversa, con montañas que superan os 1000 metros e vales pronunciados onde só se poden encontrar unha ou dúas vivendas.

Deste xeito destacou que as axudas de producción agropecuaria chegaron a 356 explotacións, ao marxe do investimento que se fixo a través de FOGGA nesta comarca por importe preto dos 11 millóns de euros repartidos en 751 expedientes. Tamén destacou as axudas do AGADER a través de proxectos dinamizadores e os proxectos LEADER e as axudas para infraestructuras rurais por importe de preto de 1 millón de euros. Esta Consellería tamén fixo unha importante aposta pola ordenación e fomento forestal, eixo prioritario para este goberno que deixou na comarca preto de 3  millóns de euros, pola prevención contra os incendios forestais ou na creación e modernización de industrias de transformación, mellora da comercialización dos productos agrarios galegos e á innovación empresarial.

Ao respecto da Consellería de Medio Ambiente a deputado popular destacou os preto de 5 millóns e medio de euros que se inverteron en infraestructuras do transporte e mobilidade en vías complementarias e mellora paisaxística destacando o reforzado da Ponte de Boadil na estrada que une Ibias con Fonsagrada e a ampliación da estrada que une os concellos de Baralla e Baleira. Así mesmo esta Consellería apoiou a adaptación do PXOM de Baleira e A Fonsagrada, investiu mais de 93 mil no de Negueira de Muñiz, a inversión para selar os vertedoiros de A Fonsagrada e Baleira e os  preto de 100 mil euros na rehabilitación de vivendas rurais.

Da Consellería de Economía e Industria destacou a promoción empresarial que fixo o IGAPE a través de investimentos apoiados ou préstamos incentivados que contribuíu a desenrolo económico da bisbarra e que supera os 3.700 millóns de euros e da Consellería de Traballo inverteu en programas de cooperación dos tres concellos mais de 500 mil euros. 

No eido da dependencia destacou o incremento dun 518,2% dos atendidos, “a este respecto é necesario dicir que 2,6 de cada 3 atendidos corresponden a expedientes que o bipartito deixara sen atender” indicou a deputada popular quen tamén destacou os preto de 400 mil euros que inverteu a Secretaría Xeral de Medios para a transición a TDT nos tres concellos. Así mesmo recordou o compromiso da Xunta por facer unha residencia para maiores en Baleira.

A deputada popular indicou que a inversión de cada unha das consellerías e secretarias xerais  demostra que o goberno da Xunta de Galicia se volcou con cada un dos concellos da comarca tanto no mantemento dos servicios como na inversión en infraestructuras como no apoio aos sectores productivos que facilitan o desenrolo da bisbarra. Álvarez Chao destaca que esta inversión ten mais mérito xa que  non foi unha xestión doada, que partiu con que o Goberno de Feijoo contou con 1200 millóns de euros menos que o anterior e vese obrigado a devolver outros 2.500, ademais de deixar de recibir 805 mais polo incumprimento do acordo de financiamento do Executivo de Zapatero.