Partido Popular de Lugo

Barreiro instou ós veciños de Navia e Pedrafita a “apostar por quen está en disposición de ofrecer un futuro mellor”

Navia/Pedradita, a 30 de abril de 2011.- O presidente provincial do Partido Popular participou hoxe en sendos actos de presentación das candidaturas coas que os populares concurrirán ás vindeiras eleccións municipais de Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

José Manuel Barreiro asegurou que os equipos que lideran Manuel Vázquez e José Fernández son os únicos que poden garantir o progreso de Navia e Pedradita e argumentou a súa aseveración indicando que “pouco” fixeron os socialistas por recabar inversións para esta zona “cando tiveron ocasión de facelo”. Por eso, instou ós asistentes ós respectivos actos a que aproveiten a ocasión para cambiar a tendencia e a “apostar por aqueles que están en disposición de ofrecer un futuro mellor”.

“A Deputación bipartita pouco se prodigou por aquí nestes catro anos, e agardou a que estiveramos en portas dunhas eleccións para acordarse de que a Montaña existe. Fixo o mesmo a Xunta bipartita, que non debía nin sequera situar no mapa onde estaba Navia e onde estaba Pedrafita”, explicou.

Pola contra, segundo explicou, a Xunta de Galicia, baixo a presidencia de Feijoo, investiu en dous anos preto de 50 millóns de euros na comarca dos Ancares. “Primeiro hai que ter sensibilidade e despois demostralo con feitos. O Goberno galego deu mostras de ambas cousas e a Deputación, se así o decidides o vindeiro 22 de maio, fará o propio”, asegurou.

 

Candidatura Navia de Suarna

1.- Manuel Vázquez Crespo
2.- Jesús María Fernández López
3.- Silvia López Fernández
4.- Fidel Arias Fernández
5.- Jesús Álvarez Gutiérrez
6.- Manuel López Fernández
7.- Manuel Díaz Fernández
8.-Javier Pérez Becerra
9.- Iván Fernández Mon
Suplentes
María del Carmen Eiros Queipo
Manuel Álvarez Viguín
Olga Fernández González

 

Candidatura Pedrafita do Cebreiro

1.- José Fernández López
2.- Jaime Pol Carballo
3.- Olga Espín Sánchez
4.- José Rebollal Raposo
5.- Adelina Méndez Fernández
6.- Ramón Carballo Páez
7.- José Luis Santín Fernández
8.- Silvia Carballo Gago
9.- Jesús González García
Suplentes
Rosa Ana Gallardo López
Fernando Rebollal Leal
Jesús García López