Partido Popular de Lugo

O presidente autonómico do PPdeG Alberto Núñez Feijoo asistirá mañá en Lugo ao acto de presentación da candidatura de Castiñeira

Lugo, 29 de abril de 2011.- O Presidente autonómico do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, asistirá maña sábado, a presentacion da candidatura do alcaldable popular Jaime Castiñeira. O acto público terá lugar ás 11:30 horas no salón de actos do pazo de Feiras e Exposicións que conta cun aforo dunhas 600 persoas.

Entre outras autoridades está confirmada a asistencia de varios Conselleiros, da delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, así como os deputados nacionais, Joaquín García Díez e Olga Iglesias Fontao, e os autonómicos José Manuel Balseiro, Daniel Varela, Isabel García Pacín, José Antonio García, Dámaso López e Emma Álvarez. Tamén asistirán o secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental Justo de Benito, o secretario Xeral de Universidades José Alberto Díez de Castro e a secretaria xeral de Familia e Benestar Susana López Abella, entre outros. 

Guiño ás novas tecnoloxias.- O candidato tamén contará coa presenza dun grupo dun cento de persoas que respostaron afirmativamente á invitación que lles fixo no seu Facebook. Non é este o único guiño ás novas tecnoloxias do candidato lucense popular e do seu equipo, xa que o acto de maña dará comezo cun vídeo no que se presentan os eixos do programa electoral co que Castiñeira concorre as elecciones de maio.

 

A continuación tomará a palabra o Presidente Provincial do PPdeLugo, Jose Manuel Barreiro, seguirá o turno de intervencións o candidato, Jaime Castiñeira, que presentará ao seu equipo e pechará o acto o Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo.