Partido Popular de Lugo

O PP acatou a decisión do xulgado sobre a lista de A Pobra de Brollón e procedeu á modificación da candidatura

Lugo, a 29 de abril de 2011.- O Partido Popular de Lugo amósase respetuoso e, como non podería ser doutro xeito, acatou a decisión adoptada hoxe pola Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo pola que anula a proclamación como candidato do número dous da lista coa que esta formación política concurre ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio no concello de A Pobra de Brollón, igual que no seu momento tamén acatou a decisión da Xunta electoral de Monforte na que non lle daba a razón á Agrupación de Electores Independiente.

A tenor desta circunstancia, o Partido Popular procedeu a rectificar a súa lista electoral e, como consecuencia, Manuel Casanova será reemplazado polo siguiente membro da candidatura e así sucesivamente.