![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Ribas de Sil/A Pobra do Brollón, a 29 de abril de 2011.- José Manuel Barreiro, presidente provincial do Partido Popular participou hoxe en sendos encontros con afiliados e simpatizantes desta formación política en Ribas de Sil e A Pobra de Brollón.
Durante as xuntanzas Barreiro exhortou ós asistentes a transmitir “porta por porta, veciño por veciño” o proxecto que o Partido Popular quere desenvolver nestes municipios dende o goberno municipal. Neste senso, salientou que é “imprescindible a implicación e participación de todos” neste cometido porque, segundo explicitou, Jesús Ballesteros e David López e as súas respectivas candidaturas non poder facer este traballo solos.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
“Cada un de nós tense que converter en altavoz das súas propostas. Temos que explicar que nin os socialistas nin as coalicións entre socialistas e nacionalistas son unha opción para garantir a prosperidade e o futuro dos concellos”, engadiu.
En ambos encontros tamén participaron, entre outros cargos órgánicos e electos do Partido Popular, Samuel Juárez e o secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro.
![]() |