![]() |
Lugo, a 28 de abril de 2011.- O presidente provincial do Partido Popular insistiu hoxe, durante a cea-presentación da candidatura coa que esta formación política concurrirá ás vindeiras eleccións municipais en Chantada, en resaltar “a valentía” de Ramón Fernández Reinoso e dos seus compañeiros por “dar un paso ó fronte” e asumir a resposabilidade de liderar un “proxecto de futuro” para este concello “cando as circunstancias nos son as máis idóneas por culpa da situación económica xeral na que está sumido o país”.
Unas circunstancias económicas adversas da que José Manuel Barreiro responsabilizou directamente ós socialistas “pola súa mala xestión e pola súa incapacidade para encarar a realidade e, consecuentemente, artellar medidas encamiñadas a poñer fin a esta sangría”.
O líder dos populares lucenses tamén criticou a actuación do goberno local, “un matrimonio de conveniencia” que, segundo dixo, foi incapaz de reivindicar ante o goberno central o cumprimento dos compromisos adquiridos, como a autovía Lugo-Ourense ou Chantada-Monforte, fundamentais para o desenvolvemento deste concello, nin de colaborar coa Xunta para que, por exemplo, a nova depuradora fora canto antes unha realidade. “A suma de PSOE e BNG non aportou máis a Chantada, só custou máis, coma os seus compañeiros da Deputación, seguindo a senda marcada durante a súa coalición na Xunta”, asegurou.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Barreiro tamén fixo alusión ó “proceder” dalgúns antiguos membros do PP chantadino: “díxeno no momento que procedía e reiteroo agora: no Partido Popular non sobra ninguén, pero, coa mesma rotundidade que digo esto, tamén afirmo que aquí non hai sitio para os que entendan a política e o exercicio da actividade política coma un medio para resolver cuestións persoais. Neste partido estase para traballar, única e exclusivamente, en beneficio e en interse dos veciños. Quen non o entenda e o aplique así, non é benvido”.
O presidente do PPdeLugo deu outra mensaxe “clara e contundente”: “o Partido Popular de Chantada, que ninguén se leve a engano, está esta noite aquí, arroupando á candidatura que lidera Ramón Fernández e traballando para que o día 22 sexa o novo alcalde de Chantada”.
Unha candidatura que, segundo recalcou, “é a única que pode garantir a formación dun goberno forte, centrado exclusivamente en mellorar as condicións de vida dos chantadinos, e disposto a colaborar co resto das administracións públicas para, en momentos de recortes orzamentarios, poder seguir progresando”.
![]() |
Durante a cea-presentación participaron tamén, entre outros cargos orgánicos e electos do partido, Samuel Juárez, o secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro e a presidenta dos populares chantadinos Susana López Abella.
Candidatura
1.- Ramón Fernández Reinoso
2.- María Paz Polo Fernández
3.- Víctor López Gómez
4.- Dorotea Gómez Rodríguez
5.- Noelia López Ledo
6.- José Luis Janeiro Rodríguez
7.- Francisco Javier Rodríguez Medela
8.- Verónica Prado Diéguez
9.- Manuel Constantino Eiré Poyan
10.- Erica Fernández Ledo
11.- Javier López Rodríguez
12.- Ana Belén García López
13.- Sergio Vázquez Yebra
Suplentes
Cristina Abad Díaz
Antonio Mazaira González
Ana María Sánchez Rodríguez