Partido Popular de Lugo

Barreiro: “en momentos de retraemento económico, só dende a colaboración entre institucións se pode continuar avanzando”

 

Samos, a 27 de abril de 2011.- José Manuel Barreiro, presidente provincial do Partido Popular respaldou hoxe, xunto co secretario xeral José Manuel Balseiro, entre outros cargos orgánicos e electos, respaldou hoxe a presentación da candidatura coa que esta formación política concurrirá ás vindeiras eleccións muncipais liderada por Marta Rodríguez.

Barreiro salientou a capacidade dos integrantes da lista e amosouse convencido de que obterá un respaldo maioritario porque en Samos a comparación entre o que fixo no goberno municipal o Partido Popular e o que fixo o actual “resulta abrumadoramente positiva para o Partido Popular”.

Para o líder dos populares lucenses, “aínda que o 22 de maio vades a ter moitas opcións entre as que elexir, só unha é unha opción viable, de futuro e con garantía”. “Está claro que, dada a situación económica na que nos atopamos e que nos afecta por igual a todos, vivamos onde vivamos”, asegurou Barreiro, “precisamos gobernos fortes, dispostos a poñerse de acordo con outras administracións para, aunando esforzos e os recursos dispoñibles, sacar adiante os proxectos que permitan o desenvolvemento deste concello”.

“En momentos de retraemento económico, só dende a colaboración entre institucións se pode continuar avanzando. A clave está na eficacia e na optimización dos recursos”, insistiu Barreiro, quen instou ós veciños de Samos a “apostar pola opción que máis garantías ofrece”.

Candidatura

1.- Marta Rodríguez González
2.- José Aurelio López López
3.- Miguel Sanpedro López
4.- Eugenio Veiga Campo
5.- Manuel Iglesias Rodríguez
6.- Ana Arza García
7.- Martín Chaos Carballo
8.- Manuel  López Armesto
9.- Patricia López López
Suplente
José Antonio Fernández López
María Vanesa González López
Manuel López Sánchez