Chantada, 26 de abril de 2011.- O Partido Popular de Chantada presentará no transcurso dunha cea aos membros que integran a lista electoral coa que se presentará ás próximas eleccións municipais. Todos os afiliados, simpatizantes e veciños que queiran coñecer o proxecto dos populares, poderán achegarse este xoves a Casa Quinteliña, en Chantada, para gozar dunha cea aberta a todo o público.
«Queremos que os chantadinos coñezan de primeira man o que queremos facer. O contacto coa xente de a pé é fundamental para saber cales son as súas demandas e necesidades. Desde o Partido Popular de Chantada queremos estreitar lazos cos nosos veciños, por iso, os animo a que acudan este xoves á nosa cea de presentación de candidatura para que saiban cales son as nosas propostas para mellorar Chantada», sinalou o candidato popular á Alcaldía, Ramón Fernández Reinoso.
Fernández Reinoso asegurou que a presentación é un novo paso no traballo programado «para gañar os comicios electorais o vindeiro 22 de maio». Agora, os populares de Chantada afirman estar centrados na campaña electoral que está a piques de comezar. «Queda moito por facer pero estamos seguros de que imos no bo camiño», apuntou o alcaldable do Partido Popular.
No acto daranse a coñecer os candidatos que forman parte da candidatura popular, coa que o PP accederá ao goberno local. «Esta é a lista do cambio, ideada para gobernar Chantada e sacar ao noso pobo da situación de estancamento na que se atopa», reiterou o candidato popular.