Outeiro de Rei, a 26 de abril de 2011.- O presidente dos populares lucenses amosouse convencido de que José Pardo manterá o bastón de mando do Concello de Outeiro de Rei tras os comicios do vindeiro mes de maio porque, segundo dixo, “onde goberna o Partido Popular nótase”.
José Manuel Barreiro indicou durante a presentación da lista electoral, acto ó que tamén asistiu Samuel Juárez e o secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro, entre outros cargos electos e órganicos do partido, que a estas alturas e coa difícil situación económica que temos “todos os cidadáns desta provincia, e do país enteiro, son conscientes de que non podemos permitirnos máis experimentos, que hai que ir sobre seguro e apostar por dirixentes sensantos que apliquen esa sensatez á acción de goberno e que se adiquen en corpo e alma a sacarnos do pozo no que estamos metidos”.
O líder dos populares lucenses salientou que o Partido Popular demostrou que sabe gobernar “pensando en todos e en beneficio de todos”. “Demostrouno José Pardo en Outeiro de Rei e estao demostrando Alberto Núñez Feijoo en Galicia. Outra cousa moi distinta é o que fixo o bipartito na Xunta e o que están a facer na Deputación”, dixo. “Se continúan aí Besteiro, Bao e compañía acabaremos hipotecados de por vida”, apuntillou.
Candidatura
1.- José Pardo Lombao
2.- José Yebra Amorín
3.- Serafín Vázquez Arias
4.- Pilar Méndez Lombao
5.- María Begoña Seco Varela
6.- Jesús Fernández García
7.- Antonio López Pérez
8.- María José Martínez Vigo
9.- Tania Díaz Seijas
10.- María Pilar Arias García
11.- Alfonso Vilanova Roibas
Suplente
Luis Varela Pérez
María Dulcina Viña Viña
Manuel Fraga Martínez
Sandra Abeledo Sánchez
Jesús Trigo Barreiro