Partido Popular de Lugo

O PP acusa a Besteiro de ir á Fonsagrada só a bucar votos

Lugo, a 19 de abril de 2011.- O Partido Popular de Lugo coincide co presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, en que en política hai que ser austeros e responsables. Pero para ser austeros e responsables non basta con dicilo, hai que facelo e, por consiguiente, predicar co exemplo.

Así, para o PPdeLugo, Goméz Besteiro e o seu goberno son a antítese da austeridade, e lembran, por non facer alusión a outros programas de autobombo ou mesmo ó uso partidista e persoal que se lle están a dar a medios e persoal cos que conta a institución provincial, que os seus salarios custan case tanto como o do goberno da Xunta, pese as notorias diferencias entre o orzamento que unha e outra administración manexan.

Entenden asimesmo os populares que unha proba de responsabilidade é cumprir os cometidos que o cargo conleva e eso pasa, por exemplo, por levar a cabo os proxectos que se inclúen nos orzamentos que se aproban. Algo que non acoteceu nestes últimos anos na Deputación, onde o grao de execución non chegou nin o 50 por cento.

Os populares consideran que os políticos, ademais de austeros e responsables, deben, ante todo, dicir a verdade. A este respecto, dende o PPdeLugo recalcan que Gómez Besteiro evita contar a verdade sobre a residencia da terceira idade de A Fonsagrada e repróchanlle que, despois de case catro anos sen deixarse ver por este concello e non facer nada por el, teña a desfachatez de presentarse a prometer a construcción dunha residencia a poucas semanas de que se celebren as eleccións municipais.

Recalcan dende o PP que, ata o momento, a Xunta foi a única que fixo algo “concreto” para dotar ó municipio dunha residencia da terceira idade. De feito, segundo salienta, foi o goberno de Feijoo o que financiou a redacción do proxecto, que o bipartido e a Deputación foi incapaz de sacar adiante.

PENDENTE DENDE 2006.- Nesta liña, explican que, como ben sabe o presidente da Deputación, que o proxecto de construcción dunha residencia en A Fonsagrada remóntase ó ano 2006 cando o Concello prevía rehabilitar e reconvertir o edificio da escola fogar nunha residencia, un centro multiusos e un centro de día. Pretensión que  foi rexeitada pola Xunta bipartita ó considerar que o edificio non se axeitaba a ese fin e que a súa reforma costaría máis que a construcción dun edificio novo.

O Concello entón decide en 2007 buscar unha nova ubicación para esa dotación e, tras algún problema para facerse cargo dos terreos necesarios e a súa posterior posta a disposición da Xunta, en 2009 recibe, a través do plan concertado, 80.000 euros para redactar o proxecto. 

Un proxecto que tería que ter remitido á Xunta en decembro de 2009, pero que entregou en xuño de 2010. Pese a atoparse fora de prazo, continuouse adiante co proceso e aínda que se detectaron deficiencias no proxecto, tras ser subsanadas, recibiu un informe favorable que lle foi remitido ó Concello a principios de 2011, sin que dende aquela a Consellería de Traballo tivera máis información sobre o particular.

Por todo elo, dende o PPdeLugo convidan a Gómez Besteiro a dicir toda a verdade sobre este asunto ós veciños de A Fonsagrada. Pode empezar por explicar a razón pola que aínda non dispoñen deste servizo cando podería, se houbera vontade por parte do acalde da localidade, estar xa operativo ou a piques de estalo.  Pode incluso apreveitar para detallar, se realmente a obra se executa e non corre a mesma sorte que outros proxectos, cómo se vai xestionar.

En calquera caso, os populares tamén fan constar ó presidente da Deputación que para recoller unha boa colleita é imprescindible traballar durante todo o ano e non agardar a que estén a piques de celebrarse eleccións municipais.