Partido Popular de Lugo

Balseiro está seguro de que Ginzo e o seu equipo revalidará a confianza dos veciños de Trabada

 

Trabada, a 19 de abril de 2011.- O secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro respaldou a presentación da candidatura coa que o PP concurrirá ás vindeiras eleccións municipais en Trabada  e que encabeza o actual alcalde José Manuel Yanes Ginzo.

No transcurso da cea presentación, Balseiro amosouse convencido de que este equipo “está  chamado a revalidar a confianza da maioría dos veciños de Trabada” e non dubidou en que “traballarán duro” para, “en sintonía e co respaldo da Xunta e da Deputación”, consolidar os avances experimentados neste municipio da man do Partido Popular e do seu alcalde Yanes Ginzo. 

O número dous dos populares lucenses tamén valorou “como moi positivo” a importante renovación levada a cabo na candidatura, destacando a incorporación como número dous de Juan Francisco López Prieto, secretario xeral de NNXX de Galicia e membro nato da recién elexida executiva nacional. “A incorporación de xente nova, de tanta valía, asegura a continuidade e constata a fortaleza do PP de Trabada”, concluiu.

Candidatura

1.- José Manuel Yanes Ginzo
2.- Juan Francisco López Prieto
3.- Manuel Gallo García
4.- Manuel Varela Fernández
5.- Lucía Fernández Fernández
6.- Martín Fernández Fernández
7.- Juana María Rodríguez Maseda
8.- Francisco Rodríguez Gasalla,
9.- Beatriz García Santamarina
Suplentes
Gregorio Rodríguez Gasalla
José María Rodil López
Pedro Ramón Yanes Fernández