A Fonsagrada/Begonte, a 18 de abril de 2011.- O presidente dos populares lucenses botou man da parábola da formiga e a cigarra para referirse “a grandes rasgos” ás opcións entre as que terá que elexir o electorado o vindeiro 22 de maio.
“Trátase de decidir entre socialistas e populares” asegurou durante sendos actos de presentación das listas electorais coas que o seu partido concurrirá ós comicios en A Fonsagrada e Begonte, liderado, respectivamente, por Tobía Martínez e José Ulla, e no que tamén participou, entre outros cargos orgánicos e electos desta formación política, o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo. “Son as únicas opcións posibles porque os socialistas, onde non acaden respaldo suficiente, aliaranse co BNG ou con quen sexa pertinente, o que quere dicir que todos a mesma cousa son, con tal de evitar que o PP goberne”, indicou.
E as diferencias, entre “as dúas posibilidades”, son, na súa opinión, evidentes. “Coñecedes perfectamente a herdanza que o bipartito deixou na Xunta, que, por desgracia, será moi similar á que nos imos atopar nós na Deputación, e tamén podedes facervos unha idea bastante clara do panorama que lle agarda en Madrid a Rajoy o ano que ven. Hai, en resumo, quen se adica a traballar, con esforzo, adicación e sentido común, en aras de acadar un mellor grao de benestar para todos, en xerar máis emprego e máis riqueza en definitiva; e hai quen se ocupa en dilapidar todo o legado recibido e, aplicase nese cometido ata tal punto, que non ten reparos en hipotecar tamén o futuro”, explicou Barreiro.
Para o líder dos populares lucenses a situación é “tan insostible” que “é urxente e imprescindible poñerlle coto”. “Temos que decidir qué queremos ser: cigarras ou formigas”, apuntillou.
José Manuel Barreiro alertou tamén ós asistentes sobre “a proliferación de promesas” que están a facer os socialistas “en cada recuncho polo que pasan”. “Están dispostos a todo pero debedes ter presente que de quen dixo que ía facer e podendo, non fixo, pouco ou nada se pode esperar”, afirmou.
Para Barreiro “é hora” de cambiar o color político do goberno de A Fonsagrada e de encauzar “na boa dirección” o futuro de Begonte, onde, segundo dixo, “xa demos un paso moi importante ó aunar esforzos para acadar ese obxectivo”.
Candidatura A Fonsagrada
1.- Tobías Martínez Cotarelo
2.- Rosario Arias Mon
3.- Adrián Bermúdez Díaz
4.- Facundo Díaz Pérez
5.- Ana María Álvarez Gómez
6.- Antonio Rodil Álvarez
7.- Ana María Peñamaría López
8.- María Elsa Fernández Castrillón
9.- Florentino López López
10.- Iria Fernández Alvarez
11.- José Alvarez Robledo
Suplentes
Pablo Pérez Landeira
Margarita Vázquez Vega
Amador Rego Murias
Candidatura Begonte
1.- José Ulla Rocha
2.- José Antonio Vázquez García
3.- Ana Lage Cabrero
4. José Manuel Rábade Cacharrón
5.- María Aurora Braña Veiga
6.- Manuel Castro Ferreiro
7.- Luis Luaña Castelo
8.- Ramiro Parga Coira
9.- Adelina Lolo Rodríguez
10.- María Ángela Río Corredoira
11.- Ana Campos Real
Suplentes
Eduardo Antonio Pérez Rodríguez
Marta Lombao Gómez
María José Suárez Casanova