Partido Popular de Lugo

“Os feitos demostran que os gobernos do PP son positivos para o interese xeral dos veciños”, afirma Barreiro

Alfoz/Cervo, a 17 de abril de 2011.- José Manuel Barreiro, presidente do PPdeLugo, asegurou hoxe, durante a presentación das listas electorais coas que os populares concurrirán ás eleccións locais do mes de maio en Alfoz e Cervo, que “os feitos demostran” que os gobernos do Partido Popular son “positivos e moi ventaxosos para o interese xeral dos veciños”.

“Alfoz avanza; Cervo avanza; Galicia avanza. E faino gracias o demostrado bo facer de Emilio Lousas, Alfonso Villares e Alberto Núñez Feijoo. Temos que lograr que esa tendencia, pese a crise e as desfeitas dos socialistas alí onde teñen responsabilidades de goberno, se extenda a todos os concellos desta provincia, e o vindeiro 22 de maio temos a posibilidade de facelo”, explicou.

“Hai razóns de peso e temos equipos competentes e dispostos para asegurar a continuidade dese avance, non podemos permitirnos desaproveitar a ocasión”, apuntillou o presidente do PPdeLugo, quen instou ós asistentes a sendos actos de presentación das candidaturas de Alfoz e Cervo a preguntarse qué fixo a Deputación e ós socialistas que cobran da institución provincial, “xa sexa como membros do equipo de goberno ou como asesores dese goberno”, por acadar mellores cotas de benestar para os seus conveciños.

Temos que aproveitar a “boa sintonía e o compromiso serio” que a Xunta de Galicia está a demostrar con esta provincia e facelo extensible tamén á institución provincial. “Só dende a colaboración entre as diferentes administración, dende a optimización dos recursos, poderemos saír do burato no que nos meteron os socialistas, e mesmo os nacionalistas alí onde son cómplices necesarios da acción de goberno, e do que claramente son incapaces de sacarnos”, asegurou.

José Manuel Barreiro, que durante o acto desenvolvido en Alfoz estivo acompañado por Carmen Pardo, entre outros cargos orgánicos e electos do partido, tivo en Cervo verbas de loubanza para o secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, tamén número dous de Alfonso Villares, do que dixo é un “incansable defensor” dos intereses da provincia de Lugo, “e especialmente da comarca da Mariña”, no Parlamento de Galicia.

 

Candidatura Alfoz

1.- Emilio Lousas Muiña
2.- Antonio Ramos García
3.- Juan José Fraga Paz
4.- María Pilar Rivas Fraga
5.- Constantino Paleo Rejes
6.- José Vázquez Peino
7.- Candido Valeriano Yánez González
8.- Mónica Gil Basanta
9.- Judit Casabella Pardeiro
10.- Fernando Rico Val
11.- María del Pilar Blanco Vázquez
Suplentes
Marco Vázquez López
José Luis Cao Veiga
María Angeles Veiga Sánchez
Jesús Paz Pumares
José López Franco

Candidatura Cervo

1.- Alfonso Villares Bermúdez
2.- José Manuel Balseiro Orol
3.- María Pilar Alvarez Rodríguez
4.- Tania González Fernández
5.- María Begoña Alonso Quintanilla
6.- José Ramón Soto Martínez
7. Yolanda Pedreira Cruz
8.- María Concepción Pilar Armada Carrete
9.- Luis Antonio Guillén Menéndez
10.- Alfredo Antonio Fernández Casas
11.- Rubén Fernández Rouco
Suplentes
Plácido Pérez Otero
María Consolación Gallego Prieto
José Roberto Santos Gutiérrez