Lugo, a 17 de abril de 2011.- O Partido Popular de Lugo insta ó deputado José Tomé a que aproveite “a línea directa que dice ter con José Blanco” para reivindicarlle a execución das “numerosas obras” que o Ministerio de Fomento ten pendentes na provincia de Lugo.
Para os populares, “sería básico para os intereses dos monfortinos en particular e dos lucenses en xeral” que os compromisos adquiridos en materia de infraestructuras na vez de acumular retrasos, “por mor das reprogramacións e paralizacións”, tiveran visos de converterse en realidade “vía Boletín Oficial do Estado” a antes posible.
Lembran dende o PPdeLugo que a autovía Ponferrada-Monforte é unha promesa do PSOE, e particularmente do Sr. Blanco, que se remonta a hai máis dunha década cando “o ministro aínda non era ministro pero dicia mandar máis ca un ministro”.
As obras desta autovía levan anos “iniciándose de xeito inmediato”, segundo aseguran os socialistas cada vez que se achega algunha cita electoral pero pouco se pode avanzar na “concreción deste proxecto se sistemáticamente adícanse a ela partidas irrisorias nos orzamentos”, explican dende o PP. Insisten os populares en que non hai ninguna razón que impida licitar a construcción desta estrada por tramos, como de feito se fai con todas as infraestructuras de certa relevancia.
“O único que falta é vontade política e no caso da A-76 esa falta de vontade política remontase ó 2004”, apuntillan porque, segundo recalcan, hai varios antencedes que demostran que a existencia dalgún problema medioambiental non impide licitar e ir executando outros tramos como así o demostra o que aconteu con outras infraestructuras.
Dende o PP salientan que os lucenses teñen claro que son moitas as obras dependentes de Fomento que acumulan retrasos sobre retrasos e citan, por poner algún exemplos, as autovías Lugo-Ourense, Monforte-Chantata, o Corredor da Costa e mesmo a Alta Velocidade porque, lembran, que Lugo será a única capital galega que se quedará sen AVE. “Son moitas as promesas que os socialistas, e particularmente José Blanco, fixo ós veciños da provincia de Lugo pero son escasas as que cumpriu”, aseguran.
No que atinxe ó porto seco de Monforte, o PP “puntualízalle” a José Tomé que, por moito que lle pese, o “pouco ou moito que está feito” é obra dos gobernos do Partido Popular. E no que respecta a estrada Sarria-Monforte incide en que as obras estanse a executar “a bo ritmo” e a previsión é que antes de finais de ano se poida poñer en servicio parte do trazado, ó tempo que indican que está adxundicado o proxecto de desdobramento para o tramo en servicio Nadela-Sarria. “Neste caso as obras avanzan e os resultados poden verse, pero nas autovías Ponferrada-Monforte e Monforte-Chantada aínda non se moveu unha pedra”, conclúen.
Na opinión dos populares o “único lamentable” é que José Tomé, na vez de poñerse a carón dos veciños “ós que aspira a representar”, lles dé as costas e se negue a reivindicar ante os seus compañeiros de partido o cumprimento das compromisos reiteradamente adquiridos e non cumpridos.