Partido Popular de Lugo

NN.XX. pídelle actuacións inmediatas ao Goberno central en materia laboral xa que “o tempo corre en contra do noso futuro”

Lugo, 16 de abril de 2011.-  A taxa de parados en menores de 25 anos en España supera o 42% e a dos mozos que teñen entre 25 e 29 ascende ao 26%.  Ante esta situación, Novas Xeracións da provincia de Lugo pídelle ao Goberno central que “actúe xa, o tempo corre en contra do noso futuro e do futuro dos nosos xóvenes”. Así o pon de manifesto o coordinador das áreas de Economía e Industria na agrupación político xuvenil de Lugo, José Miguel Coira.

O responsable de Novas Xeracións  no ámbito laboral  pregúntase “que é o que non se está facendo ben para que a xeración de xóvenes mellor preparada permaneza nas oficinas públicas de desemprego”. Segundo Coira, é “evidente” que as medidas que se implantaron na reforma imposta en maio do ano pasado por real decreto do Goberno “non funcionan”.

O popular engade que “é malo que o paro suba, pero é peor que o desemprego xuvenil aumente”.  Dado o elevado número de xóvenes sen traballo, Coira explica que “o Goberno presidido por José Luis Rodríguez Zapatatero ten que rectificar e aplicar novas medidas para que esto se solucione”.   Dacordo con Coira “non é permisible que este abandono e deixadez por parte do executivo central o sufra unha xeración de xóvenes”, da que di que “está nun quero pero non podo dentro do mercado laboral”. 

 

 

O membro de Novas Xeracións asegura que a dificultade para atopar emprego conleva “ao desánimo dos xóvenes por iniciar unha carreira profesional”. “Se non se lles dá unha oportunidade aos mozos para pór en práctica os seus coñecementos é imposible que mellore a productividade”, conclúe.