Portomarín/Monterroso, a 16 de abril de 2011.- O presidente do PPdeLugo José Manuel Barreiro arremeteu contra a “lacra” que para o país supoñen os socialistas, “experto en desfacer o que con moito esforzo se acadou”, e contra “os matrimonios de conveniencia” que “os arruina países” conforman co BNG onde as “urnas non os respaldan coa holgura suficiente para poder gobernar en solitario”. Fixoo durante as respectivas presentacións das listas electorais coas que a súa formación concurrirá ás vindeiras eleccións locais en Portomarín e Monterroso, lideradas, respectivamente, por Juan Serrano e José Rojo, e nas que participou tamén, entre outros cargos orgánicos e electos do partido, o secretario xeral do PPdeG Alfonso Rueda.
Para Barreiro o “matrimonio de intereses” que gobernou este últimos anos en Portomarín que, precisamente pola súa concepción, segundo dixo, “acabou como o rosario da Aurora”, é a “antítesis do que calquer concello do país precisa neste intre”.
“Para encauzar a difícil situación na que nos meteron é necesario contar con gobernos capaces de sobrepoñerse á adversidade, de traballar cohesionado, cunha única voz e na mesma dirección”, explicou.
“Todo o contrario do que aconteceu en Portomarín e mesmo na Deputación, que conta co goberno máis caro e menos eficiente da súa historia”. Un goberno provincial do que, segundo recalcou, “non hai que esquecer que tamén forma parte o alcalde de Monterroso”. “El é copartícipe do despilfarro e da política sectaria e partidista que se aplicou estes catro anos na Deputación de Lugo e cómplice, porque comparte as ideas e idénticas maneiras, dos que en Madrid, co agora presidente en funcións á cabeza, colocaron a España no vagón de cola da Unión Europea”, asegurou.
Candidatura Portomarín
1.- Juan Carlos Serrano López
2.- José Antonio Soengas Rodríguez
3.- José Pérez Fernández
4.- Manuel Vega Pin
5.- José Manuel López González
6.- María del Carmen Pérez Fontao
7.- Manuel Enríquez Villamor
8.- Ana Isabel Rivera Fente
9.- Diana Vázquez Méndez
Suplente
Angel Sindín Fernández
Arturo Louzao Portomeñe
Elías Vázquez Vázquez
Candidatura Monterroso
1. José Rojo Núñez
2. Maria Pilar Varela Rojo
3. Víctor García Pacior
4. Mónica Almagro Guerreiro
5. Ángel Marcos Portomeñe Rivas
6. María José Liñares Garcia
7. José Manuel López Rodríguez
8. María Felicidad Castiñeíra Rivas
9. David Ríos Pena
10. Raquel Varela Vazquez
11. Pablo Losada Ferreiro
Suplentes
José Antonio Salgado Fernandez
Mónica Rojo Vazquez
Manuel Rojo Nuñez