Guitiriz, a 15 de abril de 2011.- “Pode que a Deputación de Lugo vaia a construir aquí un edificio para albergar unha mini residencia da terceira idade, pero será un alcalde do Partido Popular o que posibilite e garanta que esa residencia poida funcionar”, así o asegurou o presidente provincial dos populares José Manuel Barreiro durante a presentación da candidatura que lidera Xosé María Teixido, na que tamén participou, entre otros cargos orgánicos e electos do PP, Samuel Juárez.
Barreiro explicou que o goberno bipartito da Deputación, “do que forma parte Regina Polín” segundo recalcou, pretende facer coa residencias “que vai promentendo ó longo en ancho da provincia” o mesmo que fixo o bipartito na Xunta co hospital de Lugo: “deixará edificios baleiros para que sexan outros os que os enchan”.
Nin o Concello de Guitiriz nin a Deputación se preocuparon de coordinarse nin buscar a colaboración da Xunta neste asunto en aras de asegurar a maior eficiencia dos recursos públicos e, sobre todo, de garantir o seu mantemento e funcionamento futuro; de explicar, en definitiva, cal vai ser o modelo de xestión que se vai aplicar, explicou Barreiro. “É dicir, seguiron ó pe da letra a filosofía socialista: imos improvisar a ver si soa a flauta e os que veñan detrás que resolvan o problema. Pois si, é verdade, nós, o Concello, a Deputación e a Xunta, todos xuntos, solucionaremos o problema”, aseverou. Para o líder dos populares lucenses “o xeito de facer as cousas e sobre todo as consecuencias da mala xestión dos socialistas é ben coñecida e sufrida por todos”. “Nas nosas mans está a capacidade para poder cambiar as cousas, non podemos permitirnos o luxo de perder máis o tempo”, concluiu.
Candidatura
1.- Xosé María Teixido Núñez
2.- María Manuela Carballeira García
3.- Ana Broz Paderne
4.- Jesús Tomé Ferreiro
5.- Roberto Pereira López
6.- José Luis Serén Abeledo
7.- María de los Ángeles Río Vázquez
8.- Patricia Paredes López
9.- Daniel Otero Pardiñas
10.- Catarina Blanco Lorenzo
11.- Ana María Roca López
12.- Manuel Ferreiro Lavandeira
13.- Jesús Iglesias Bergantiños
Suplentes
José Manuel Rivera Jove
José Morandeira Baamonde
María Carmen Piñeiro Díaz