Partido Popular de Lugo

Barreiro, Castiñeira e Macia visitaron hoxe Adace

Lugo, a 14 de abril de 2011.- O presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro; o candidato á Alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira, e a Coordinadora Política Social e Igualdade do PPdeLugo e candidata á Alcaldía en Rábade María Luisa Macia visitaron hoxe as instalacións da asociación Adace.

Os representantes populares coñeceron polo miúdo a actividade que desenvolve a asociación, que atende diariamente a unha veintena de persoas aqueixadas dalgún tipo de dano cerebral, e as súas inquezas e proxectos de cara o futuro. Barreiro, Castiñeira e Macia valoraron moi positivamente o traballo que están a desenvolver e amosáronse dispostos a colaborar con eles en todo o que poidan.