Partido Popular de Lugo

CASTIÑEIRA CONSEGUE UNHA RESIDENCIA DE MAIORES PARA LUGO SEN O APOIO DOS SOCIALISTAS

Santiago, 13 de abril de 2011.- O deputado autonómico e voceiro municipal do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, lamenta que o PSOE deixase pasar hoxe unha “magnífica oportunidade” para apoiar unha iniciativa encamiñada a dotar a Lugo, dun xeito inmediato, dunha residencia de maiores.

Malia non contar co apoio dos socialistas, a construcción dunha residencia de maiores queda dende hoxe incluída, como prioritaria, no mapa de infraestructuras sociais da Xunta de Galicia. O popular indicou que “é moi triste que o PSOE considere un tema de tanta importancia como unha cortiña de fume”. 

Dende o Partido Popular “apostamos polo reequilibrio dos barrios”, apunta Castiñeira, quen engade que “por iso plantexamos para o barrio da Residencia a construción da nova Comisaría da Policía Nacional, que dinamizará e dotará de seguridade a esta zona da cidade”.

Para Castiñeira, os socialistas están obstinados en levar a residencia de maiores ao edificio de hospitalización da antiga residencia.

Os populares, pola contra, manteñen a postura de que unha dotación deste tipo non dinamiza o entorno, polo que apostan por ubicar este centro de maiores nunha zona da cidade –que tamén pode ser dentro do barrio da residencia- na que esta infraestrutura se poida completar cun entorno de zonas verdes. 

Castiñeira puxo de manifesto que é necesario planificar “con sentido”, xa que Lugo conta cunha poboación moi envellecida e o futuro é a tendencia non se vai invertir.