Partido Popular de Lugo

Castiñeira colga en www.oteualcalde.com, Youtube, Facebook e Twitter un vídeo no que explica as medidas que porá en marcha para garantir a seguridade cidadá

Lugo, 12 de abril de 2011.- O candidato do PP á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira colgou na súa web (www.oteualcalde.com) e nas redes sociais Facebook e Twitter un vídeo no que explica as medidas que porá en marcha para garantir a seguridade cidadá se sae elixido alcalde o vindeiro 22 de maio.

Na gravación, Castiñeira comprométese á reorganización integral do servizo da Policía Local coa creación de unidades específicas para que haxa unha presenza real de axentes na rúa. Tamén avanza a supresión do cargo de Director Xeral da Policía Local, que nestes momentos é un asesor persoal de Orozco que percibe 271.000 euros. Asimesmo, anuncia vixiancia nocturna para os polígonos industrais e tamén nas zonas de movida nocturna.

O vídeo forma parte do serial «Lugo Quere» no que Castiñeira irá avanzando os seus compromisos de programa de xeito detallado por áreas. O relativo á seguridade pode atoparse en http://www.youtube.com/watch?v=Vksc5WxNmv0.

«Lugo ten que volver a ser a cidade máis segura de España e traer a tranquilidade para todos», conclúe Castiñeira pechando o vídeo.