Partido Popular de Lugo

Barreiro afirma que a mellor opción para asegurar a prosperidade de Rábade é a que representa o Partido Popular

 

Rábade, a 12 de abril de 2011.- O presidente do PPdeLugo José Manuel Barreiro asistiu esta tarde, xunto a Javier Vázquez e o secretario xeral José Manuel Balseiro, entre outros cargos electos e orgánicos populares, á presentación da lista electoral coa que esta formación política concurrirá ás vindeiras eleccións municipais en Rábade.

Para José Manuel Barreiro non hai dúbida de que a mellor opción para asegurar a gobernabilidade e a prosperidade deste concello é a que lidera María Luisa Macía porque “é evidente” que durante estes últimos catro anos os independentes foron incapaces de acometer algunha obra de relevancia ou a dotación de máis servizos que beneficiaran ó conxunto dos veciños. “Só hai que comparar a actuación do goberno actual e a levada a cabo durante a etapa do PP para decatarse delo”, asegurou.

Considerou ademais que o respaldo que o rexidor estivo a recibir do PSOE é que lle permitiu, por exemplo, a aprobación do PXOM ou os orzamentos, pon de manifesto que “dá o mesmo independentes que socialistas, que todos son a mesma cousa” e “clarifica” cal é o voto máis útil para o interese xeral de Rábade. “Os socialistas son sinónimo de crise e desemprego, o Partido Popular de emprego e benestar; a historia recente deste país así o atestigua”, asegurou.

O líder dos populares lucenses engadiu que “outro exemplo dunha actuación de goberno responsable e comprometida coa cidadanía é a que lidera Núñez Feijoo na Xunta” mentres que a acometida por PSOE e BNG na Deputación caracterizouse polo “gasto desmesurado e a falla de xestión”.  “As opcións son evidentes: máis do mesmo ou un cambio de rumbo no que impere o sentido común”, apuntillou.

 

Candidatura Rábade
1.- Mª Luisa Macía Martínez – Licenciada en Dereito – Procuradora
2.-José Luis Fernández Roca – Pedagogo Social
3.- Remedios González Cabarcos – Profesora
4.- José Ángel Vázquez Darriba – Empresario
5.- José Manuel Candal Veiga – Xubilado
6.- Francisco Gómez Vázquez – Diplomado en Ciencias Empresariais

7.- José Luis Novo Teijeiro – Axente de seguros
8.- Azucena Santar González – Administrativa
9.- Juan Baroja Ortiz – Funcionario
Suplentes:
Juan Carlos Blanco Martínez – Veterinario
Montserrat Eiras Redondo – Licenciada en Ciencias do Traballo
José Ángel Vila Blanco – Comercial