Partido Popular de Lugo

A Xunta Electoral obriga ó BNG a retirar unha valla publicitaria instalada en Foz

Foz, a 12 de abril de 2011.- A Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo requeriu ó BNG para que retire a valla publicitaria instalada en Foz, concretamente na confluencia entre a nacional 634 e a estrada a San Martiño de Foz, ó considerar que incumple as directrices marcadas pola Lei Electoral nas que claramente se indica que está prohibida a difusión de propaganda electoral entre a convocatoria das eleccións e o inicio da campaña electoral.

De feito, como así indicaba o Partido Popular na reclamación presentada ante a Xunta Electoral e que, en consecuencia, foi estimada, a Lei vixente “prohibe” a difusión de publicidade ou propaganda electoral mediante carteis, soportes comerciais ou insercións en prensa, radio ou otros medios dixitais.

Dende o PP, aínda que amosan a súa satisfacción pola decisión da Xunta Electoral, recoñecen a súa preocupación polos continuos incumprimentos dos que está a ser obxecto a Lei Electoral por parte do resto das forzas políticas que concurrirán ás vindeiras eleccións municipais dos que este requerimento é un exemplo máis.