Partido Popular de Lugo

Barreiro: “eu non botarei en falla a Blanco no ministerio de Fomento”

Lugo, a 11 de abril de 2011.- José Manuel Barreiro considera fora de lugar que José Blanco, ó que non dubidou en calificar de “ministro do paro” porque é, ó igual que o resto de ministros e Rodríguez Zapatero, “o responsable de que o país se atope nunha profunda crise económica e coa taxa de desemprego máis alta de toda a Unión Europea”, tente dar leccións sobre o cumprimento de compromisos.

Para o presidente dos populares lucenses resulta incomprensible que Blanco, “responsable de que Lugo se quede sen AVE”, se atreva “coa arrogancia que o caracteriza” a dar leccións sobre os prazos da execución de proxectos.

“Perdeu unha nova oportunidade de explicar qué pasa coas autovías a Ourense, Chantada-Monforte, Monforte-Porferrada e co corredor da Costa, por mencionar algúns exemplos. Parece que para el estas infraestructuras non son importantes nin supoñen un incumprimento reiterado dos compromisos do goberno do Estado con esta provincia e do que el é o responsable directo, pero nós non nos olvidamos delo e o resto dos habitantes desta provincia, tampouco”, explicou.

Barreiro lamentou que, “seguindo co seu proceder habitual, opte polo insulto na vez de dar a cara” e “volva a mentir sobre o auditorio” porque sabe perfectamente que cando o PP se fixo cargo do goberno galego   nin sequera estaba aprobado o proxecto e agora estase rematando o proceso de adxudicación. Razóns polas que, segundo asegurou, “ni me acordarei nin botarei de menos ó Sr. Blanco cando ó fronte do Ministerio de Fomento esté un ministro do Partido Popular, como tampouco se acordarán nin o botarán en falla o resto dos lucenses”.