Partido Popular de Lugo

Emma Alvarez informará sobre a creación das Sociedades de Fomento Forestal en Lourenzá e Xove

Lugo, a 9 de abril de 2011. O Partido Popular organizará varias charlas informativas sobre a creación das Sociedades de Fomento Forestal (Sofor), que se encargará de impartir a voceira de Montes do Grupo parlamentario popular Emma Alvarez xunto co director xeral de Montes Tomás Fernández-Couto.

Dada a importancia que ten o monte na economía mariñana e o grave problema da desfragmentación da propiedade, dende o Partido Popular considérase moi axeitado este tipo de fórmulas de xestión conxunta do monte que permiten, incluso, levar a cabo unha concentración privada dos mesmos. Un proceso susceptible ademais de ser subvencionado.

Estas charlas informativas, que se desenvolverán o vindeiro venres, día 15, ás 21 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Lourenzá e o sábado, día 16, ás 11 da mañá no salón de actos do Centro Cívico de Xove, están especialmente dirixidas a asociacións de propietarios de montes e productores de madeira, comunidades de montes, empresas madereiras, aserradeiros, empresas relacionadas co sector madereiro e incluso tamén para as relacionadas co sector do desbroce, posto que as Sofor permiten constituirse con socios capitalistas polo que as empresas relacionadas có sector terán un importante papel que desempeñar a hora da súa posta en marcha. 

As Sofor teñen como principal obxectivo acadar unha xestión máis sostible e rendible do monte, a partires das pequenas parcelas de propietarios forestais. 

Esta nova figura presenta diferentes vantaxes. Así, é unha figura propia do dereito privado, con regulación mercantil específica; a súa finalidade non se restrinxe unicamente á prevención de incendios forestais, senón que vai máis alá, buscando a posta en valor do monte e o aumento da renda agraria; a adscrición sempre voluntaria dos propietarios; permítese capital privado investidor só no capital social (poden coexistir socios propietarios con outros capitalistas); garántese o dereito de propiedade dos socios, que só ceden os dereitos de uso e a venda de produtos por aproveitamento forestal pode facerse de maneira directa desde a sociedade e fomenta a concentración privada dos montes.