Lugo, a 8 de abril de 2011.- O presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro está a incumplir reiteradamente as normas fixadas pola Lei Electoral que regulan a actividade política no que atinxe ás visitas a obras ou ó anuncio de proxectos por parte dos reponsables institucionais durante este período de precampaña. Unha actitude que, ó entender do Partido Popular, pon en evidencia que tipo de principios democráticos rixen o seu compartamento.
Os populares califican de moi grave que un representante institucional, tras ser reprendido en varias ocasións pola Xunta Electoral, continúe a incumprir a lei e faga caso omiso ós requerimentos recibidos. Consideran igualmente grave que o Partido Socialista, tras aprobar a mencionada lei en Madrid, non recrimine tal comportamento nin adopte medidas correctoras a este respecto. O que, ó seu entender, denota un proceder claramente hipócrita.
De feito, pese a que o pasado 6 de abril a Xunta Electoral de Zona de Lugo requeriu ó presidente da Deputación a que textualmente “…evite en los sucesivo cualquier acto tendente a publicitar mediante visitas o inauguraciones cualesquiera futuras instalaciones, bien de residencias de la tercera edad o cualquier otra obra futura…”, hoxe mesmo José Ramón Gómez Besteiro acudiu á Fonsagrada para colocar a primeira pedra das obras da nova casa consistorial.
Para os populares que o Gómez Besteiro faga oídos xordos ás instruccións que ó respecto fixo a Xunta Electoral é algo inaudito e incalificable que deixa claro cal é o seu talante, a súa falla de respeto á lei, á xustiza e á institución á que representa e sobre todos ó conxunto dos cidadáns desta provincia.