Partido Popular de Lugo

Barreiro: “o PP é capaz de asegurar a estabilidade ata onde goberna en minoría; PSOE e BNG son incapaces de facelo ata aunando forzas”

 

Xove/Burela, a 7 de abril de 2011.- O presidente provincial dos populares alertou hoxe, durante a presentación das candidaturas de Xove e Burela coas que o Partido Popular concurrirá ás vindeiras eleccións municipais, de que a “desfeita” que fixo Rodríguez Zapatero no país “non a levou a cabo so, precisou da colaboración e participación de todos os ministros e do Partido Socialista no seu conxunto”.

Por elo, José Manuel Barreiro vaticinou que a anunciada marcha de Zapatero non conlevará ningunha mellora.  “Máis ben ó contrario”, dixo, “si antes non resolvían os graves problemas ós que se enfronta o país, agora será moito peor porque o único que lles preocupará será a sucesión”. “Cun presidente que se vai, pero que aínda pretende quedarse un ano, e os ministros elexindo bando, a pregunta é obvia: quen goberna?”, engadiu.

Barreiro asegurou que mentres os socialistas son sinónimo de crise e de inestabilidade, o PP o é de prosperidade e equilibrio. “A proba irrefutable de que é así a tedes en Xove, na que o PP, pese a gobernar en minoría, foi quen de asegurar a estabilidade e facer cousas importantes no concello. O mérito, indiscutiblemente, é de Demetrio Salgueiro e o seu equipo, pero agora, dado o momento difícil nos que nos atopamos e o que aínda nos queda por vir, é necesario reforzar esa fortaleza e ese bo facer sobradamente demostrado”, explicou durante a presentación da candidatura que lidera Salgueiro e na que, entre outros cargos orgánicos e electos do partido, tamén participou Jesús Vázquez Abad.

Pola súa banda, na presentación da lista de Burela, o presidente do PPdeLugo indicou que “se nada positivo se pode agardar dos socialistas,  menos aínda do binomio PSOE-BNG agás un maior gasto en manter o propio goberno”.

Para Barreiro é evidente que nesta última lexislatura Burela perdeu o status de privilexio que tiña con respecto ó resto da comarca e deixou de ser un referente en creación de emprego, incremento de poboación e  xeración de riqueza. “Todo eso vai cambiar o 22 de maio”, dixo.

De feito, asegurou que o parque empresarial de Burela será por fin realidade cando “cando o PP se faga cargo da Deputación”; ó tempo que tamén se comprometeu “a facer as xestións pertinentes” coa Xunta de Galicia para que o porto teña os “accesos que precisa”.

 

Candidatura Xove

1.- DEMETRIO SALGUEIRO RAPA
2.- JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ ÁLVAREZ
3.- ANA MARÍA ABAD LÓPEZ
4.- MARIA DOLORES MEITIN GUERREIRO
5.- CRISTINA IGLESIAS GUERREIRO
6.- JOSE MANUEL BALSEIRO CANOURA
7.- MARÍA ROSARIO BALSEIRO LÓPEZ
8.- MANUEL ÁNGEL MEITIN ROUCO
9.- LEANDRO QUELLE FRANCO
10.- CATALINA DOMINGUEZ COCIÑA
11.- JESÚS RODRÍGUEZ LÓPEZ
Suplentes
SANTIAGO JAVIER RIVAS REGO
LUCÍA SÁNCHEZ MEITIN
JUAN CARLOS GARCÍA CASTRO
EVA MARÍA LASTRA BARREIRA
ANDRÉS PRIETO MURIEL  

Candidatura Burela

1 .- JOSÉ GONZÁLEZ BARCIA
2.- MANUEL FERNÁNDEZ VALLE
3 .- DIANA DURÁN GARCÍA
4 .- JOSÉ CASAS MARTÍNEZ
5 .- PATRICIA LÓPEZ EIJO
6 .- MÓNICA PEDRE OTERO
7 .- BEATRIZ PIÑEIRO LÓPEZ
8 .- IAGO PERNAS ALVAREZ.
9 .- JOSEFA YÁÑEZ CAO
10.-FELICÍSIMO BAÑO FERNÁNDEZ
11.- RAQUEL RÍO RÍO
12.- CARLOS PEINÓ CASTRO
13.- ALBERTO JOSÉ RAMOS ARDÁ
Suplentes
BLANCA BAEZA FERNÁNDEZ
FILOMENA DA PINA GONÇALVEZ
MANUEL PARDEIRO CASABELLA
JOSÉ LUIS GONZÁLEZ ARNAÚ