Partido Popular de Lugo

Castiñeira anuncia para a Milagrosa reforzos na vixiancia policial, un rexistro auxiliar, apoio ao comercio da zona e melloras no transporte urbano

Lugo, 6 de abril de 2011.- O candidato do PP á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira participou esta mañá nunha visita ao barrio da Milagrosa, na que anunciou varios compromisos para a zona, entre as que destacou as seguintes:

·        Reforzos na vixiancia policial para que os axentes municipais estean onde teñen que estar: na rúa. Nese senso, Castiñeira avanzou a posta en funcionamento dunha unidade de policía de proximidade
·        A creación dun rexistro auxiliar para achegar a administración aos veciños da zona e así evitar que teñan que desprazarse ao rexistro central do Concello. Esta oficina estaría situada no centro social
·        O apoio ao comercio da zona, xa que o comercio de Lugo é moito máis que o do casco histórico
·        Melloras no transporte urbano para duplicar o número de usuarios e que o autobús se colla «por comodidade e non por necesidade».

O popular, que estivo acompañado por varios membros da súa candidatura (Arcadio Silvosa, Quique Rozas e Mari Teijeiro), aposta por unha igualdade real entre barrios que leven a unha integración verdadeira, sen que elo supoña «en ningún caso» a perda da identidade e a idiosincrasia propia.

Castiñeira foilles explicando aos veciños cómo plasmou as suxerencias que foi recollendo deles durante as visitas que leva facendo aos barrios dende que foi elixido presidente da Xunta Local en decembro de 2009.

Hoxe tamén manterá unha reunión cos responsables de sección do Distrito cuarto, que abrangue a Milagrosa e o seu entorno.