Partido Popular de Lugo

Castiñeira anima aos seus a contaxiar a súa ilusión a todo Lugo para acadar o cambio que os veciños merecen

Lugo, 5 de abril de 2011.- O candidato popular á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira intensifica a súa presenza na rúa baixo o formato de Encontros co candidato, máis áxil e directo. Trátase dunha programación de encontros nos que Castiñeira explicará as propostas que ten para cada barrio.

«As xuntanzas son o froito do programa Lugo a pé de rúa que me levou en varias ocasións a percorrer unha a unha as 657 rúas coas que conta o Concello», aclarou Castiñeira, quen visitará cada barrio acompañado por membros da súa candidatura. Esta semana estará co formato Encontros co candidato nas zonas da Milagrosa, do Sagrado Corazón, As Gándaras e Magoi. 

O formato tamén chega aos centros sociais, xa que o candidato popular percorre, acompañado de membros da súa lista, os oito centros cívicos. Hoxe estivo no centro social da Milagrosa e antes de Semana Santa teraos percorridos todos.

Outra proba da súa sensibilidade social foi a xuntanza que mantivo coa Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (AFAMMER) ao longo da tarde de hoxe.

Reunións de distrito.- A presenza de Castiñeira na rúa compleméntase coas xuntanzas que está a manter cos responsables de sección do PP. Hoxe mesmo reúnese cos do distrito primeiro e o terceiro. Mañá mércores será o turno do distrito cuarto, o xoves 14 o distrito quinto e, por último, o distrito dous será obxecto de reunión o venres 15. O obxectivo é avanzar as liñas de traballo para a campaña electoral que se aveciña, e tamén para pedirlles colaboración e que participen nos actos electorais que se programen.

Comida do rural.- Outro acto máis que ten en axenda o candidato popular é a terceira edición da comida do rural, que se celebrará o vindeiro domingo día 10 de Abril e á que asistirán, ademais de todos os membros da candidatura, o Conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez, o Presidente Provincial José Manuel Barreiro e o candidato popular á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira. Cada asistente pagará os 20€ desta xuntanza que está aberta a todos os colaboradores e cuxas entradas poden retirarse tanto na nova sede do partido (Poeta Ramón Cabanillas con esquina Doutor Gasalla) coma no propio local do GMPP na Casa do Concello.