Lugo, a 5 de abril de 2011.- A xunta electoral de zona de Lugo requeriu á Deputación e ó Concello a que retiren “de inmediato” un cartel colocado en Meira no que se anuncia a futura construcción dun centro para a terceira idade, respondendo así á petición formulada a este respecto polo Partido Popular.
Para os populares resulta lamentable e obxecto de crítica que o presidente da Deputación incumpla a legalidade vixente. Máxime, segundo recalcan, porque as recentes modificacións efectuadas na Lei Electoral teñen como fin primordial aplicar o principio de austeridade nas campañas electorais e limitar así o gasto publicitario. Á vista do seu proceder, dende o PP entenden que a José Ramón Gómez Besteiro non só non lle importa incumplir a lei senón que a contención do gasto é un concepto que non vai con el.
O PPdeLugo considerou, e así o fixo constar no escrito remitido á xunta electoral, que o citado cartel, no que figuran como promotores da obra a Deputación, Suplusa e o Concello de Meira, podería considerarse propaganda electoral non permitida en función da Lei Electoral vixente, posto que o contratación desta obra, dada a cuantía orzamentaria asignada, tería que terse levado a cabo polo denominado procedemento aberto e ordinario.
Un procedemento que, segundo o artículo 155, apartado e, da Lei 30/ 2007 pola que se rixe a contratación pública, conleva a obligatoriedade de darlle publicidade na páxina web da administración contratante no denominado perfil do contratante. Nembargantes, en ningún dos perfiles do contratante das tres entidades que figuran no cartel consta algunha referencia á contratación desta obra.
Curiosamente onde si aparece unha referencia á súa próxima adxudicación é no apartado de noticias da web da Deputación, cuestión que levou ós populares a considerar que non se trataba dun cartel de obra ordinario senón dun mero recurso publicitario cuxa finalidade, dadas as datas nas que nos atopamos, é puramente electoral.
Consideracións que, á vista da decisión adoptada pola xunta electoral de zona de Lugo, estaban perfectamente argumentadas.