Partido Popular de Lugo

“Os lucenses non nos imos resignar a aguantar os desprecios que Blanco lle fai a esta provincia”

Lugo, a 2 de abril de 2011.- “Os lucenses non poden seguir aguantando os constantes desprecios dos que está a ser obxecto por parte do Ministerio de Fomento”. Así de contundente se amosou o presidente provincial dos populares á hora de valorar o feito de que José Blanco que, “como xa anunciara hai uns días en Lugo”, non cumpriu a súa promesa de licitar antes de que rematara o mes de marzo os 6.000 millóns de euros que aínda están pendentes para as obras do AVE a Galicia.

“Non nos sorprende, porque desgraciadamente na provincia de Lugo estamos xa moi afeitos a que as promesas do ministro Blanco morran de inanición tras desgastalas de tantas veces repetilas durante os seus periplos pola provincia, máxime cando se achega algunha cita electoral”, asegurou Barreiro. “Pero que non nos sorprenda o incumplimento de todo canto promete, non significa que nos vaiamos a resignar e aceptemos estes continuos agravios. Botaremoslle en cara, cantas veces sexa necesario, que a súa palabra non vale nada, dado que nunca a avalan os feitos e que pasan por incluilas no Boletín Oficial do Estado”, explicou. “Empeñou o seu cargo co Pacto do Obradoiro, non estaría de máis que, por unha vez, cuprira”, apuntillou.

RESPONSABILIDADE COMPARTIDA.- O presidente dos populares lucenses extendeu a responsabilidade “do ninguneo” ó que Blanco está a someter a Galicia e particularmente á provincia de Lugo “á que representa como deputado no Congreso”, a todos aqueles que “pese a todo” estano respaldando. Neste “grupo” incluiu ó alcalde de Lugo e ó presidente da Deputación que habitualmente rexeitan as propostas presentadas polo PP  para que dende o Concello e a Deputación esixan o cumprimento da palabra dada.

“Se defenderan, como deberían, os intereses desta provincia, serían os primeiros en requerirlle ó seu compañeiro de partido que a A-56, a A-8, a A-54, a A-72, a A-76, o corredor da costa ou a Alta Velocidade, entre tantas outras, foxen xa unha realidade”, engadiu. 
Na opinión do líder do PPdeLugo, José Blanco pensa que os lucenses non temos memoria o que eiquí non existen as hemerotecas. “Está moi errado”, concluiu.

“Non nos imos quedar impasibles, nin resignarnos; continuaremos protestanto, criticando e presentando cantas iniciativas resulten necesarias e onde sexa preciso ata lograr que esta provincia teña o que lle corresponde”. “Non imos permitir que siga mentindo impunemente. Botaremosllo en cara cantas veces sexa preciso”, engadiu.

Para José Manuel Barreiro un ministro non pode permitirse “nin pode consentirselle” este proceder e menos aínda que diga mentiras. Barreiro facía alusión así á referencia que fixo Blanco ó auditorio de Lugo cando estivo visitando as obras da nova ponte para a que, segundo puntualizou, “aínda non está definido por onde se farán os accesos que o conecten coa cidade”.

“Outro incumplimento máis a sumar ó retraso que acumalou a propia execución da obra, porque, segundo el mesmo asegurara, sería unha cuestión que tería que estar resolta a finais do pasado ano pero agora resulta que a decisión vaise pospoñer ata o vindeiro mes de xuño”, especificou.

MENTIRAS.- José Blanco dixo que a ponte estaba rematada, “cando non o está”, e que, nembargantes, do auditorio aínda non hai nada. “É mentira e el o sabe”, asegurou Barreiro.

“Blanco sabe que cando o PP se fixo cargo do goberno galego nin sequera estaba aprobado o proxecto e eso pese a que o convenio asinado entre Xunta e Concello para dotar a Lugo desta infraestructura data de 1997 e que a última xestión realizada a este repecto pola Xunta bipartita remontase ó 18 de decembro de 2008 cando se resolve o concurso de ideas e resulta elexida a proposta presentada pola arquitecta Paredes Pedrosa”, explicou.

Así, segundo engadiu, non foi ata o 7 de outubro de 2010, “e gracias a que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras retomou a iniciativa”, cando se aprobou o proxecto; o 11 de decembro do pasado ano sacouse a licitación a obra (publicada no DOGA do 17/11/10), e neste intre estase rematando o proceso de adxudicación. A dilixencia e compromiso da Xunta de Feijoo co auditorio de Lugo está por tanto, en opinión de Barreiro, “fora de toda dúbida”.

“A Blanco escócelle que outros, ó contrario do que fai el, cumpran os seus compromisos. É indigno dun ministro que tente, valéndose de mentiras, tapar a incompetencia propia e a dos seus compañeiros de partidos, porque uns non executaron a obra cando puideron e era a súa obriga e outros nin sequera se molestaron en apremialos para que a fixeran”, concluiu.