Foz/Ribadeo 2 de abril de 2011.- O presidente dos populares lucenses responsabilizou ós socialistas da “situación crítica” pola que está a pasar o país. “O único que demostrou o goberno socialista ata o momento é que é incapaz de sacarnos da crise, que el mesmo contribuiu a magnificar cunha política económica errónea e errática”, sentenciou.
Para José Manuel Barreiro a herdanza que deixan os socialistas, gobernen onde gobernen, é sempre a mesma: promesas incumpridas e moitas facturas sen pagar. “Xa sabemos o que fixo o bipartito na Xunta, algo parecido ó que está a facer na Deputación o tamén gobernó bipartito, o máis caro de toda a historia da institución, e, dende logo, a situación de España temos claro todos cal é: Os socialistas son unha lacra alí por onde pasan e as consecuencias da súa mala xestión resulta despois moi difícil de arranxar”, explicou.
“Non basta con que Zapatero diga que se vai, hai que asegurarse de que as maneiras dos socialistas, que son sempre as mesmas, desaparezan de todos os concellos desta provincia, de Galicia e de todo o Estado. Se queremos saír deste burato no que nos atopamos e no que eles nos meteron e se queremos rexenerar a vida política neste país, temos que asegurarnos de que imos contar nos concellos con gobernos fortes, responsables e con sentido común. Outro xeito de gobernar é posible, xa o está a demostrar Feijoo na Xunta, transmitir esa idea ten que ser o noso obxectivo”, apuntillou. Barreiro tamén ensalzou a valentía dos homes e mulleres que “deron un paso ó fronte” para “dende a responsabilidade e o compromiso” que supón formar parte dunha candidatura, queren, “con ilusión e traballo”, loitar polo futuro dos seus pobos.
O presidente provincial dos populares quixo así agradecer a implicación das persoas que conforman as listas electorais coas que o Partido Popular concurrirá ás vindeiras eleccións do mes de maio durante os actos de presentación oficial desenvolvidos hoxe en Foz e Ribadeo. “Nuns momentos compricados, ademais, nos que as circunstancias económicas obrigarannos a seguir aprentando moito o cinto e a adoptar decisións difíciles”, dixo, “a súa determinación é, se cabe, aínda máis meritoria”.
Precisamente por esa “determinación” foi polo que José Manuel Barreiro amosouse confiado en que os respectivos equipos que capitanean Javier Jorge e Manuel Valín “serán capaces de campear o temporal con éxito e en beneficio dos veciños”.
Ademais do presidente provincial, á presentación das respectivas listas electorais asistiron, entre outros cargos orgánicos e electos do partido, o secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro, así como, no caso de Foz, Rosa Quintana e Pablo Fernández; e Samuel Juárez, no acto desenvolvido a primeira hora da noite de hoxe en Ribadeo.
Candidatura Foz
1. Javier Jorge Castiñeira
2. Manuel Pavón López
3. Mercedes González Alonso
4. María Teresa López Rego
5. Pedro José Fernández Manín
6. José Luis Sánchez García
7. José Angel Paleo Soto
8. Dolores Teijeira Fernández
9. Miriam Iglesias Rodríguez
10. José María Basanta Morán
11. María Helena Estoa Díaz
12. Balbino López Candia
13. Roberto Fernández Pena
14. Simón Insua Río
15. Rebeca Neira Fernández
16. Verísima Eiroá Couto
Candidatura Ribadeo
1. Manuel Valín Valdés
2. Manuel Yañez Dablanca
3. Azucena González Loredo
4. Mª del Campo López-Braña Freije
5. Begoña Sanjurjo Santar
6. Jesús López Penabad
7. Ana María Docobo Fernández
8. Ramón Rodríguez Santar
9. María José Duarte Fanjul
10. Ana María García Díaz
11. Joaquín Sanjulián Díaz
12. Elisa Rodríguez Sanjurjo
13. Baldomero Castro Prieto
14. María Dolores Tojo García
15. José María Suárez García
16. Avelino Fernández Mon
17. Mª Concepción Vilabrille Bravo