Castroverde, 1 de abril de 2011.- O Partido Popular de Lugo designou a María Gómez Pallín para liderar a candidatura coa que concurrirá ás vindeiras eleccións municipais en Castroverde.
O anuncio efectuouse a última hora desta tarde durante unha xuntanza con afiliados e na que participaron, entre outros, o presidente e o secretario provincial do partido, José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro respectivamente.
Barreiro amosouse convencido de “acertar” con Gómez Pallín para liderar a lista electoral dos populares e resaltou, “entre as súas moitas virtudes” a súa “xuventude, ilusión e compromiso co seu pobo”. Tamén indicou que “outro tanto ó seu favor” é que coñece perfectamente o partido “e os principios que representa e defende” posto que dende 2007 asumiu a responsabilidade de liderar a agrupación local.
O presidente provincial dos populares tamén tivo palabras de recoñecemento para Manuel Penado, actual voceiro do grupo municipal, polo traballo desenvolvido neste últimos anos e “un agradecemento adiantado” pola labor que vai a seguir a realizar.
María Gómez Pallín
Naceu en Castroverde o 4 de novembro de 1981.
Está solteira e mestra de Educación Infantil.
Preside o comité local do Partido Popular dende 2007 e estrease nos vindeiros comicios do mes de maio como cabeza de lista