Lugo, 1 de abril de 2011.- O voceiro do GMPP e candidato do Partido Popular, Jaime Castiñeira, xunto co Presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro e o concelleiro Enrique Rozas mantiveron unha reunión de traballo co responsable de Movilidad y Seguridad del Ayuntamiento de Madrid, Pedro Calvo Poch.
Esta reunión serviu para facer un intercambio de opinións con respecto a distintas medidas e programas que se están a levar a cabo en Madrid e que son trasladables a Lugo.
Outro punto que se abordou na xuntaza desta tarde co responsable da policía de Madrid é do traballo dos axentes de mobilidade. O voceiro popular, Jaime Castiñeira, indicou que “a regulación e ordenación do tráfico é unha función de vital importancia. Hai que facilitar a movilidade dos cidadáns”, puntualizou o voceiro popular e candidato ás municipais. Nese senso Castiñeira insistiu en que sería necesario poñer en marcha, canto antes, o servizo de axentes de mobilidade que ordenaría e dirixiría o tráfico para acabar co caos circulatorio.
Os populares subliñaron que os axentes precisan alta tecnoloxía para mellorar o traballo e, nese senso, indicou que é necesario completar a dotación actual.
Transporte urbano.- O voceiro e candidato popular considera prioritario mellorar o transporte público “o autobús hai que collelo por comodidade e non por necesidade”. Nese senso anunciou que póra riba de mesa medidas coas que duplicar por dous o número de viaxeiros”.