Partido Popular de Lugo

Os populares analizaron a situación do ensino público na comarca da Mariña

Burela, a 31 de marzo de 2011.- O coordinador de Educación e Formación do PPdeLugo Celso Currás reuniuse esta tarde en Burela con representantes populares de A Pontenova, Foz, Mondoñedo, Ribadeo, Riotorto, Viveiro e Burela para analizar pormenorizadamente a situación do ensino público nestes municipios.

O encontro, ó que tamén asistiu Manuela López Besteiro, vicesecretaria de Relacións coa Sociedade do PPdeLugo, serviu para pechar a ronda de contactos que ó longo do último ano viñeron manténdose en diversos puntos da provincia para abordar este asunto.

Deste xeito os representantes populares puxeron de manifesto tanto as demandas que lle foron plantexando os propios país e nais dos alumnos, relacionadas fundamentalmente co funcionamento dos comedores escolares, o percorrido realizado polo transporte escolar ou o uso de instalación deportivas, como outras cuestión máis vinculadas coa propia conservación das instalación educativas ou a seguridade vial na proximidade dos centros. Outro dos aspectos que tiveron presente e puxeron en común durante a reunión de traballo de hoxe foron as accións que poderían levarse a cabo dende o goberno local para complementar a labor formativa que se está a realizar nos centros de ensino a través da organización de actividades extraescolares e/ou lecer.

Algunha das posibilidades que baraxaron a este último respecto estarían encamiñadas, por exemplo, a poñer en marcha programas de prevención do ausentismo escolar ou abandono das aulas a idades temperás.

O fomento de prácticas saudables, tanto no que atinxe á práctica deportiva como nos hábitos alimenticios, e mesmo para promover o desenvolvemento de actividades para os escolares en época de vacacións, centradas básicamente en programas de potenciación da lectura, ou mesmo incentivar ós centros escolares a que participen en programas de intercambio entre concellos, comunidades autónomas ou países foron outras posibilidades sopesadas.

Os respresentantes populares tamén incidiron na conveniencia de implicar o máis posible ós pais e nais dos alumnos na educación dos seus fillos e que o mellor xeito de acadar ese obxectivo era potenciando a creación de asociacións. 

A partir de agora, os populares manterán encontros cos pais dos alumnos nos seus respectivos concellos para trasladarlles as conclusións deste análise e para poñer en prácticas as accións que se consideren máis axeitadas en cada ámbito.