Partido Popular de Lugo

Castiñeira rodéase dun equipo de profesionais «capaces, ilusionados e preparados» para facer fronte ao paro, á débeda e á inseguridade en Lugo

 

Lugo, 31 de marzo de 2011.- O candidato popular á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira rodéase dun equipo de profesionais «capaces, ilusioniados e preparados» coa vista próxima nas vindeiras eleccións do 22 de maio. De feito, foi presentando, un a un, aos compañeiros que formarán a lista electoral que el lidera. “É un equipo novo, de caras novas, para dar solucións novas a problemas vellos”, expresou.

Castiñeira subliñou a elevada porcentaxe de renovación (hai dez caras novas entre os quince primeiros postos) e a idade media da lista, de 44 anos, o que configura unha candidatura “moi equilibrada onde teñen cabida dende os que levan anos en política a novas caras e dende os que a penas pasan dos 20 anos ata os que contan xa con preto de 70”. O popular subliñou os diferentes perfís profesionais que integran a súa lista: de enxeñeiros, arquitectos a médicos pasando por xornalistas, avogados, economistas ou mesmo xente que prepara oposicións.  

Entre as principais novidades que presenta a súa lista, Castiñeira quixo destacar a de María Encarnación Amigo, presidenta da Sociedade Galega de Reumatoloxía; a de Arcadio Silvosa, ata onte director de informativos de Radio Lugo – Cadena SER e colaborador de El País e da axencia de noticias Efe, que se sitúan nos cinco primeiros postos. A estes nomes hai que engadir outros coma as da secretaria da Xunta Local do PP Lourdes Yáñez, a arquitecta Isabel Devesa ou a traballadora social Mari Teijeiro.

A lista é integradora, ao mesmo tempo que renovadora, xa que todos os concelleiros populares do último mandato repiten. Castiñeira quixo respectar a decisión daqueles que preferiron non continuar nos primeiros postos, pero, en síntoma de agradecemento, incorporounos para pecharen a lista. 

O candidato popular agradeceulles aos 27 “o paso adiante que dan, porque o fan por Lugo, non polo PP nin por Jaime Castiñeira” e animounos a loitar “porque a paga a pena deixarse ata a última gota de sudor por mellorar”. Apelou a cinco realidades “onde temos moitísimo marxe de mellora: o paro na cidade galega onde máis lucenses se apuntaron ao INEM, a débeda municipal na cidade con maior déficit, o caos dos servizos sociais con listas de espera para o máis básico, o reequilibrio dos barrios con servizos comúns a todos eles (como a mellora nos transportes ou diferentes dotacións) e tamén para frear a oleada de roubos e violencia que se vén dando no Concello nos últimos tempos”.

Os populares escolleron a Praza de Augas Férreas para presentaren a súa candidatura, porque se trata dun grupo tan “aberto” como “representativo de toda a sociedade lucense”. Nese senso, apuntou que a proximidade da Universidade “demostra que cando se pelexa con unidade, conséguense metas”, polo que instou aos seus compañeiros a traballar dende xa como bos coñecedores da realidade social do Concello no que viven. «Este é un equipo que ilusiona, é o que Lugo Quere e no que os lucenses poden confiar», concluíu.

1. Jaime Castiñeira Broz                            
Data e lugar de nacemento: 10/07/1957, Cospeito (Lugo)
Profesión: Arquitecto Técnico do Ministerio de Economía e Facenda
Formación: Enxeñeiro de Edificación, Arquitecto Técnico
Outros aspectos de interese: Deputado autonómico dende 2005 ata a actualidade. Foi Voceiro de Medio Ambiente entre 2005 e 2009 e actualmente é Presidente da Comisión de Asuntos Europeos no Parlamento de Galicia dende 2009. Tamén no Parlamento é Voceiro de Vivenda desde este ano 2009
Membro do Comité de Dirección do PPdeG, así como do Comité de Dirección do PPdeG de Lugo e coordinador de política local
Presidente da Xunta Local de Lugo
Foi Concelleiro dende 1999 e asumiu o cargo de Voceiro dende novembro de 2009 ata a actualidade. Con anterioridade, xa exercera tamén de Voceiro dende 2005 ata 2007

2. José Manuel Barreiro Fernández
Data e lugar de nacemento: 18/09/1957, Lugo
Formación: Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. Catedrático de Universidade da USC (Premio Extraordinario). Académico da Real Academia de Ciencias Económicas y Financieras de España.
Outros aspectos de interese: Foi Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Medio Ambiente así como membro do Parlamento de Galicia  e voceiro do Grupo Parlamentario Popular.
Na actualidade é vicepresidente do Partido Popular de Galicia e presidente do Partido Popular de Lugo. Dende o ano 2008 e ata a actualidade, é senador por Lugo e voceiro de Economía do Grupo Popular no Senado. Tamén é membro do Comité Executivo Nacional. 

3. María Encarnación Amigo Díaz
Data e lugar de nacemento: 24/03/1957, As Nogais (Lugo)
Profesión: Facultativo Especialista de Área en Reumatoloxía no HULA dende 1991
Formación: Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en Reumatoloxía. Membro da Sociedade Española de Reumatoloxía e tamén da Sociedade Española de Investigación ósea e do metabolismo mineral.
Outros aspectos de interese: Na actualidade é presidenta da Sociedade Galega de Reumatoloxía 4. Cristina Ares Castro-Conde                                      

4. Cristina Ares Castro-Conde
Data e lugar de nacemento: 29/03/1979, Lugo
Profesión: Profesora e vicedecana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela
Formación: Doutora en Ciencias Políticas e da Administración, Diplomada en Estudos Europeos Avanzados polo Colexio de Europa de Bruxas (Bélxica) e cun Máster en Finanzas
Outros aspectos de interese: Profesora e vicedecana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela.
Vicesecretaria-voceira do Partido Popular de Lugo, Secretaria Xeral Adxunta de Novas Xeracións de Galicia e membro da Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia.

5. Arcadio Silvosa Alonso                                              
Data e lugar de nacemento: 07/08/1958, Lugo
Profesión: Xornalista, director de informativos en Radio Lugo-Cadena SER. Colaborador na axencia de noticias EFE  e no xornal El País.
Outros aspectos de interese: ostentou diferentes cargos na Asociación de Prensa de Lugo e foi secretario da Asociación de Veciños de San Froilán

6. María Lourdes Yáñez García
Data e lugar de nacemento: 24/02/1966, Lugo
Profesión: Mestra de Educación Infantil e directora do CEIP de Portomarín
Formación: Licenciada en Psicoloxía Escolar Infantil
Outros aspectos de interese: Secretaria da Xunta Local do PP de Lugo, vicesecretaria de organización provincial. Concorreu ás eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia en 2005 e 2009

7. Enrique Rozas López                               
Data e lugar de nacemento: 16/03/1957, Lugo
Profesión: Funcionario del Estado
Outros datos de interese: Responsable do Patronato de Deportes do Concello de Lugo dende 1987 a 1999, participando na candidatura do ano 2003 e do 2007 ao Concello de Lugo.
Dende decembro do ano 2004 é concelleiro por Lugo e na actualidade é membro da Xunta Local do PP

8. Isabel Devesa Piñeiro                                       
Data e lugar de nacemento: 30/01/1982, Lugo
Profesión: Arquitecto, Arquitecto técnico e Arquitecto tasador
Formación: Licenciada en Arquitectura pola Universidade Camilo José Cela e Diplomada en Arquitectura Técnica pola Universidade Alfonso X O Sabio
Outros datos de interese: experiencia docente de Formación Profesional. Realizou cursos de Xestión de Residuos e sobre as Inspeccións Técnicas de Edificios.

9. Manuel López Fernández                                 
Data e lugar de nacemento: 01/03/1957, Lugo
Profesión: É técnico e coordinador provincial de Xóvenes Agricultores – ASAJA Galicia.
Formación: Enxeñeiro Técnico Agrícola
Outros datos de interese: Concelleiro do PP de Lugo 2007-2011

10. María Ángeles Teijeiro Gonzalez                           
Data e lugar de nacemento: 20/12/1975, A Fervedoira (Lugo)
Profesión: Docente de Obradoiros, Cursos e Conferencias no eido dos Servicios Sociais, Xuventude, Discapacidade, Dependencia, Muller e Igualdade.
Formación: Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela e postgrao en normativa e materia de igualdade entre homes e mulleres no traballo. Universidade de Valencia.
Outros datos complementarios: é Técnico Superior en Igualdade de Xenero e experta universitaria en malos tratos e violencia de xénero pola Uned e tamén Técnico Superior en Animación Sociocultural  e directora de actividades de ocio e tempo de lecer.

11. Ángel Trabada Gómez                                            
Data e lugar de nacemento: 31/05/1956, Lugo
Profesión: Funcionario da Deputación Provincial como coordinador de obras do ente provincial
Formación: Estudios de Delineación en el Instituto Politécnico
Outros aspectos de interese: Foi Presidente da Federación Lucense de Piragüismo e vicepresidente da Federación Galega. Actualmente é Presidente da Asociación de Amigos de Camiño de Santiago da provincia de Lugo y vicepresidente por Galicia da agrupación nacional do Camiño Norte. 

12. Raquel Castiñeira Castelo
Data e lugar de nacemento: 22/04/1979, Lugo
Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña (UDC)
Profesión: avogada en prácticas nun despacho profesional de Lugo
Tamén é mediadora de seguros titulada pola Consellería de Facenda e Membro da Xunta Local do PP de Lugo

13. Antonio Ameijide Osorio                                          
Data e lugar de nacemento: 8/03/1986, Lugo
Profesión: Prepara oposicións para o grupo A2 da Xunta de Galicia e para o corpo específico de enxeñeiros técnicos de obras públicas. Compaxina os estudos con traballos na fin de semana no sector de hostalería
Formación: Titulado en Enxeñería Técnica de Obras Públicas, especialidade en Transportes e Servicios Urbáns
Outros datos de interese: traballou para a empresa Monbus e tamén foi xefe de obra nunha empresa de obra civil  

14. Juan Carlos Plaza Gómez
Data e lugar de nacemento: 31/08/1969, Lugo
Profesión: Funcionario da Xunta de Galicia con destino en Educación
Formación: Licenciado en Ciencias Económicas
Outros datos de interese: responsable dunha sección do distrito quinto

15. María Agustina Fernández Pérez        
Data e lugar de nacemento: 29/11/1972, Lugo
Profesión: Farmacéutica, exerceu como inspectora farmacéutica municipal en Valencia
Formación: Licenciada en Farmacia pola USC
Outros datos de interese: colabora na Asociación Española contra o Cancro (AECC)

16. Alberto Lugilde Gude                             
Data e lugar de nacemento: 20/07/1964, Lugo
Profesión: Funcionario da Axencia Tributaria
Outros aspectos de interese: Membro da Executiva Local e da Xunta Local

17.  María Isabel Ferreiro Rodríguez                           
Data e lugar de nacemento: 29/10/1968, Lugo
Profesión: Mestre no CEIP de Outeiro de Rei e forma parte do equipo directivo deste centro
Formación: Licenciada en Psicopedagoxía e Diplomada en Maxisterio
Outros aspectos de interese: Membro do Comité Executivo da Xunta Local do PP. Tamén foi directora do colexio de Nadela  

18. Manuel Antonio Fernández Piñeiro                       
Data de nacemento: 9/02/1966
Profesión: Mestre no IES de Guitiriz
Formación: Licenciado en Psicopedagoxía
Outros aspectos de interese: membro da Xunta Local e responsable dunha sección do distrito terceiro

19. Paloma Vázquez Fernández                                   
Data e lugar de nacemento: 9/12/1963, Lugo
Profesión: Funcionaria do corpo superior da Xunta de Galicia
Formación: Licenciada en Xeografía e Historia cun Master en Patrimonio e Xestión de bens culturais

20. Manuel Rodríguez Arias                                 
Data e lugar de nacemento: 14/05/1952, Lugo
Profesión: Empregado de Correos
Outros aspectos de interese: presidente da Asociación de Veciños de Santa María Alta e membro do Comité da Xunta Local

21. Javier Ruiz de Almirón Schlung                             
Data e lugar de nacemento: 6/02/1959, Lugo
Profesión: funcionario da Xunta de Galicia, xefe de servizo en Prevención e Defensa contra Incendios Forestais
Formación: Titulado en Enxeñeiro Técnico Forestal
Outros aspectos de interese: presidente da Asociación de Veciños de Santa María Alta e membro do Comité da Xunta Local

22. José Antonio Díaz Escolante
Data e lugar de nacemento: 14/11/1960, Lugo
Profesión: Actualmente dirixe o Colexio de Educación Infantil e Primaria de Paradai.
Formación: Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Psicopedagoxía.
Outros aspectos de interese: Concelleiro do PP de Lugo 2007-2011. Presidente da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses

23. Sofía López Linares
Data e lugar de nacemento: 14/06/1962, Lugo
Profesión: Médico de familia no Centro de Saúde de Illas Canarias
Formación: Licenciada en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Oviedo e Posgrao en Psiquiatría pola Universidade de Salamanca
Otros aspectos de interese: Foi candidata co Partido Popular nas eleccións municipais de 1995, 1999 e 2003 no Concello de Quiroga; tamén foi candidata ao Congreso dos Deputados en 2000 e 2004 e ao Parlamento de Galicia en 2005. Foi membro do Fondo de Solidariedade da FEGAMP.
Exerceu como Concelleira en Quiroga entre os anos 1995 e 2006. Concelleira do PP de Lugo 2007-2011

24. Teresa Taboada Candal
Data e lugar de nacemento: 30/03/1964, Lugo
Profesión: A súa experiencia profesional desenvolveuse no mundo empresarial, no campo das enerxías alternativas. Actualmente adícase á tramitación e asesoría no eido das enerxías renovables
Formación: Licenciada en Dereito
Otros aspectos de interese: Pertence á Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo. Concelleira do PP de Lugo 2007-2011

25. Alicia Peña Murias
Data e lugar de nacemento: 06/11/1943, Lugo
Profesión: Directora do Centro de Educación de Adultos en Lugo.
Formación: Diplomada en Maxisterio Postgrao en formación educativa pola Universidade de Barcelona
Otros aspectos de interese: Concelleira do PP de Lugo 2003-2011

Suplente 1º: Roberto Lucas Cabanas
Data e lugar de nacemento: 8/12/1978, Lugo
Profesión: Xerente de Talleres Lusitanos e Empresario de hostalería
Formación: Estudante de Ciencias Políticas e membro da Xunta Local de Lugo

Suplente 2º: Cristina López Rois
Data e lugar de nacemento: 7/10/1987, Lugo
Formación: Titulado en Enxeñería Técnica Industrial en Química Industrial, con posgrao en ciencia e tecnoloxía ambiental
Presidenta de Novas Xeracións no Concello de Lugo

Suplente 3º: Jacobo da Silva Ares
Data e lugar de nacemento: 4/06/1982, Lugo
Formación: Técnico Medioambiental
Secretario xeral de Novas Xeracións