Partido Popular de Lugo

Barreiro participou hoxe na homenaxe póstuma que a Real Academia de Ciencias Económicas e Financieiras rendiu a Camilo Pardo

Barcelona, 31 de marzo de 2011.- José Manuel Barreiro,  senador, catedrático e membro da Real Académica de Ciencias Económicas e Financieiras participou hoxe en Barcelona no acto de homenaxe póstumo que esta academia rendiu ó que fora un dos seus académicos de número, Camilo Prado Freire.

O lucense Camilo Prado, amigo persoal de Barreiro, nacera o 16 de setembro de 1944 e finou en Madrid en setembro do pasado ano, onde era decano da facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais da Universidade Juan Carlos I e na que exercía como catedrático de Economía da Empresa.