Partido Popular de Lugo

A Deputación actúa sempre coa vista posta no rédito electoral e un exemplo delo son as residencias da terceira idade, aseguran dende o GPPP

Lugo, a 29 de marzo de 2011.- A Deputación de Lugo emprega os fondos dos que dispón co único fin de acadar un rédito partidista. Asegurouno hoxe o voceiro do Grupo provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro durante o debate da moción presentada polo seu grupo sobre as mini residencias para a terceira idade que pretende construir a Deputación e para a que requerían, ademais de detalles sobre os criterios de o establecemento dun cauce de colaboración entre as tres administracións implicadas, os concellos, a Xunta e a propia Deputación.

José Manuel Barreiro, tras relatar as vicisitudes polas que pasou a residencia da terceira idade de A Fonsagrada, que inicialmente ía asumir a Xunta, recalcando o feito de que o Concello incumpriu algúns dos requisitos que eran da súa competencia exclusiva, tales como a posta a diposicións dos terreos e mesmo a propia redacción do proxecto en tempo e forma, explicou que cando finalmente se subsaron eses atrancos e a Xunta remitiu a principios deste ano o proxecto de construcción co seu visto e prace, “algo pasou, que trastocou todo e finalmente a Deputación anunciou que ía asumir a súa construcción”.

O voceiro dos populares tamén sacou a relucir que a Deputación incumpriu o seu compromiso de construir unha residencia con centro de día en Baleira “por capricho”, e que finalmente asumirá a Xunta. Para os populares, na selección dos doce municipios “agraciados” (os dez previstos inicialmente, ós que se lles sumou posteriormente A Pobra de Brollón e A Fonsagrada) primou o color político e lamentaron que os dous grupos que conforman o goberno provincial rexeitaran aumar esforzos en aras de acadar unha “xestión máis eficaz” e optaran única e descaradamente pola búsqueda do rédito electoral. “Algo que se ve refrendado claramente coa modificación orzamentaria levada ó pleno a última hora”, asegurou José Manuel Barreiro.

No que respecta a outra moción presentada polos populares, a de requerir información veraz sobre os índices de delincuencia rexistrados na provincia; incrementar os medios dos que dispoñen as forzas e corpos de seguridade do Estado para loitar contra esta situación e garantir a seguridade dos cidadáns e mesmo requerir ó Goberno do Estado a dotación dunhas novas dependencias para a Policía Nacional en Lugo, dende o GPPP valoraron moi negativamente o seu rexeitamento.

“Insisten en negar a evidencia que un día tras outro ocupa a primeira páxina dos xornais e é noticias de cabeceira nos informativos de radios e televisións”, recalcou Barrerio, que acusou ó goberno provincial que encabeza José Ramón Gómez Besteiro de dar as costas ós cidadáns e “deixalos a súa sorte”. “Todo con tal de non recoñecer que temos un problema moi grave”, apuntillou.

Os populares tamén calificaron de “hipócrita” e motivada pola “proximidade do 22 de maio” que o bigoberno provincial levara a pleno unha moción sobre o segundo tramo Sarria-Monforte do corredor Nadela-Monforte, para o que segundo especificou Barreiro, o Plan de Estradas da  Xunta “xa prevé o desdobramento”, mentres “garda silencio” cos múltiples incumprimentos e os retrasos acumulados na dotación de  nfraestructuras por parte do Goberno do Estado. Fixo mención, así, ó AVE; á A-56 Lugo-Ourense; á A-8, autovía do Cantábrico; á A-54 Lugo-Santiago; ó corredor da costa; á A-72 Monforte de Lemos-Chantada, e á A-76 Ponferrada-Monforte.

“Parece que hai unha preocupación diferente segundo que administración sexa a responsable de executar a obra”, asegurou o voceiro dos populares.