Lugo, a 27 de marzo de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular, ante a preocupación que está a xerar na cidadanía o incremento dos actos delictivos cometidos na provincia de Lugo nos últimos meses e que se está a ver agravada pola falta de transparencia na información ofrecida a este respecto, considera necesario implementar as medidas encamiñadas a correxir o aumento da taxa de delincuencia en aras de garantir a seguridade dos cidadáns.
Por elo, os populares requerirán á Deputación que inste ó goberno central, ademais de a dar información real sobre a taxa de delincuencia rexistrada na provincia, a ampliar os medios dos que dispoñen neste momento as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a que emprendan cantas accións sexan ncesarias para garantir a seguridade dos cidadáns.
O GPPP tamén inclúe na súa moción un apartado no que se require ó goberno central a adoptar as medidas pertinentes para proceder á construcción dunha nova comisaría do Corpo Nacional de Polícía nos terreos do antigo Hospital Xeral.