Lugo, a 26 de marzo de 20011.- Francisco Acal voltará a encabezar a lista do Partido Popular no concello de Baleira nos vindeiros comicios locais do mes de maio.
José Manuel Barreiro, presidente provincial desta formación política, indicou que Acal demostrou “con feitos” que é un excelente alcalde e, por elo, amosouse convencido de que o Partido Popular seguirá a liderar a corporación municipal e contará para elo cun respaldo maioritario. Advertiu, nembargantes, que “ninguén debe confiarse” e alentou a Francisco Acal e o seu equipo a que traballen “coa mesma intensidade que o fixeron ata o de agora”.
Francisco Acal Eiros
Naceu en Abrairas (Baleira) o 6 de xuño de 1932.
Está casado e ten dous fillos. Está xubilado
Ocupa a Alcaldía de Baleira dende 1979.