Partido Popular de Lugo

O GPPP pedirá no pleno información detallada sobre as residencias que prevé construir a Deputación

Lugo, a  26 de marzo de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó pleno do vindeiro martes unha moción na que requerirá ó goberno provincial que explique os criterios utilizados para determinar a elección dos 11 concellos nos que a Deputación ten previsto construir unha residencia para maiores.

Para os populares, existe unha clara falla de información sobre cales foron os criterios nos que se basou a adopción desa decisión, así coma sobre outros aspectos moi importantes, tales como dilucidar quen correrá cos gastos de mantemento unha vez construidas ou incluso saber se se redactou unha memoria económica para cada un dos proxectos.

Máxime, segundo indican, se se ten presente que a Lei de Servizos Sociais de Galicia, Lei 13/2008 do 3 de decembro, no seu Título VII da Atribución de Competencias, no seu Artigo 59, indica que son competencia da Xunta de Galicia a planificación e programación xeral dos servizos sociais no ámbito territorial de Galicia, a creación, o mantemento e a xestión dos servizos sociais especializados e que, seguno o establecido no artigo 63, é competencias das deputacións provinciais proporcionaránlles asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos na execución das súas competencias en materia de servizos sociais, especialmente na prestación de servizos sociais comunitarios básicos por aqueles concellos con menos de 20.000 habitantes.  

Precisamente para aclarar esos aspectos, os populares solicitarán que se poña a disposición de todos os grupos provinciais información precisa de cada un dos proxectos destas residencias, así coma a memoria económica e a planificación realizada para a súa licitación e execución. 

Propoñen ademais a creación de unha comisión de coordinación entre a Xunta de Galicia, a Deputación e os 11 concellos nos que se preve construir as residencias co fin de acadar unha maior eficacia e rendabilidade social dos recursos. Esta comisión encargaríase de determinar, entre outros elementos, os distintos niveis de participación das administracións implicadas en todo o proceso de construcción, xestión e mantemento destas residencias.