Lugo, 27 de marzo de 2011.- Os mozos do Partido Popular da provincia de Lugo xuntáronse onte na cidade para render homenaxe ao xénero femenino a través da figura de tres mulleres que representaron o éxito e os avances acadados en materia de igualdade e de loita pola integración no mundo laboral, humanitario e da política. Conchita Teijeiro (presidenta de APSNAIS), Carmén José López secretaria xeral de Jóvenes Empresarios en Lugo) e Angelina Salgueiro Corujo (primeira alcaldesa muller de Lugo no concello das Nogais), transladáronlle aos asistentes as súas vivencias nunha sociedade na que as mulleres son vulnerables ante a precariedade e a inestabilidade no emprego, a pouca presenza en postos de responsabilidade ou as diferenzas salariais.
NN.XX reivindicou onte o principio de igualdade de oportunidade “xa que pensamos no cambio e traballamos pola equidade de xénero dende o respecto e o convencemento”. Así o puxo de manifesto o presidente provincial de Novas Xeracións de provincia de Lugo, quen reencidiu no reto que “temos por diante, para lograr a conciliación, a corresponsabilidade e a igualdade”.
Daniel Vega asegurou que “quedan batallas por gañar para lograr unha sociedade igualitaria dende a liberdade”. No ámbito politico, o presidente provincial manifestouse en contra da obrigación por cuotas establecidas por lei que regulan a equiparación de sexos. Segundo asegura o presidente provincial, “se ven imposto non se está valorando a valía da muller”, e reincidiu no feito de que “nas políticas teñen que estar os mellores e as cuotas non benefician á muller porque é unha obrigación”..
O presidente provincial exemplificou unha das súas mostras de cooperación, traballo e loita pola muller a través da súa executiva provincial integrada por un alto índice de mulleres e unha gran maioría delas en postos de relevancia. Segundo engadiu, o obxectivo é “mellorar a calidade de vida das mulleres galegas, promovendo o coñecemento e a súa participación nos diferentes ámbitos e rompendo con prexuízos para que a sociedade avance”.
Durante o acto os xóvenes populares recoñeceron a importante labor da muller na política a través da proxección dun video de imaxes coa representación feminina da provincia de Lugo. Pola tanto, a organización de Novas Xeracións coa xuntanza de iconos na loita pola valia da muller en distintas épocas e ámbitos quixo “asentar os seus consellos para un futuro mellor”.