Partido Popular de Lugo

Barreiro presenta unha moción no Senado para coñecer os “datos reais” de delincuencia na provincia de Lugo

Madrid, a 22 de marzo de 2011.- O senador popular José Manuel Barreiro presentou hoxe na Cámara Alta unha moción encamiñada a requerir ó Ministerio do Interior explicacións sobre o incremento dos actos delictivos que se está a rexistrar últimamente na provincia de Lugo, así como información detallada sobre as medidas que se están a adoptar dende a administración central e dende as propias forzas e corpos de seguridade do Estado para atallar esta circunstancia, que está a xerar gran inseguridade entre a cidadanía.

Barreiro indica que a preocupación sobre esta situación non responde únicamente ás numerosas accións delictivas perpetradas contra persoas e propiedades nos últimos meses, senón tamén á falla de información ofrecida pola Subdelegación do Goberno a este respecto. Por elo, ademais de requerir información veraz e datos reais sobre o índice de delincuencia na provincia de Lugo, insta ó goberno a incrementar os medios das forzas e corpos de seguridade do Estado para que poida levar a cabo cantas accións sexan necesarias para garantir a seguridade dos cidadáns.

O senador lucense propón asimesmo na súa iniciativa que se adopten as medidas pertinentes para proceder á construcción dunha nova comisaria do Corpo Nacional de Policía en Lugo nos terreos que ocupa o vello Hospital Xeral.