Partido Popular de Lugo

Barreiro asistiu á inauguración da oficina do candidato de Chantada

Chantada, a 21 de marzo de 2011.- O presidente provincial do Partido Popular asistiu esta mañá á inauguración da oficina do candidato desta formación política en Chantada (Rúa Calvo Sotelo, 27, baixo). “Un espacio aberto a todos os chantadinos, sexa cal sexa a súa ideoloxía política, e que responde á política de proximidade que está a practicar o Partido Popular”, segundo asegurou.

Durante o acto, Barreiro, xunto co propio cabeza de lista chantadito Ramón Fernández Reinoso, tamén salientou que esta oficina é unha boa oportunidade para manter un contacto directo do candidato coa cidadanía e da cidadanía co candidato.

Para un político, segundo explicou, é moi importante interactuar cos veciños, coñecer de primeira man a súa opinión sobre a situación na que se atopa o concello e, o máis importante, cómo ven o seu futuro e en qué cuestións considera que a administración local debe concentrar a súa acción de goberno para mellorar a súa calidade de vida. “Pero se é importante que o candidato saiba o que esperan de el os seus veciños; os veciños tamén deben ter claro cales son os seus proxectos para, deste xeito e se así o desexan, facer as consideracións que estimen oportunas e, de ser viables, podelas incluir no seu programa electoral”, engadiu o presidente do PPdeLugo. 

Barreiro insistiu en que a proximidade coa xente é unha das peculiaridades que caracterizan “e diferencian” ó Partido Popular. “Ó fin esta é unha das razóns que nos levan a ser o partido que máis se parece ós galegos”, apuntillou.