Partido Popular de Lugo

O Partido Popular cree posible e necesaria a rexeneración económica do país a través dos concellos

 

Lugo, a 20 de marzo de 2011.- Os Concellos, como administración máis próxima ó cidadán, son os primeiros en detectar os problemas que lles afectan e tamén os primeiros ós que se dirixen os veciños en busca de solucións ante calquer eventualidade. Esa situación, e a vocación e obriga das administración locais de ofrecer a mellor atención posible ós veciños os que representan, foi un dos aspectos analizados pormenorizadamente hoxe en A Fonsagrada polo Partido Popular de Lugo durante a súa quinta convención.

Uns 150 representantes da formación política, entre os que se atopaban a meirande parte dos cabezas de lista ás vindeiras eleccións municipais dos 67 municipios da provincia, adicaron boa parte desta xornada de reflexión e traballo a considerar as posibilidades que teñen para respostar axeitadamente ós requerimentos que lles fagan os vecinos de cara á celebración das vindeiras eleccións municipais. E un dos principais escollos co que se atoparon á hora de establecer unha liña de actuación conxunta a este respecto foi a limitación orzamentaria que sempre teñen os concellos e que, nun momento de crise económica coma a actual, vese sustancialmente agravada.  

En calquera caso, os populares sosteñen que aplicando rigor, sentido común e sobre todo austeridade á xestión municipal, trocar a situación actual é posible. É posible mellorar o funcionamento interno dos concellos e a atención que se presta ós vecinos, segundo aseguraron, con só seguir o modelo que se está a aplicar na Xunta dende a chegada ó goberno de Feijoo e o seu equipo.

CONFIANZA, RESOLUCIÓN E HONESTIDADE.- As vindeiras eleccións locais, segundo recalcaron, serán decisivas e non únicamente para os concellos, tamén para o conxunto do país. Neste senso, amosáronse convencidos de que, dadas  as circunstancias, resulta inaprazable establecer un cambio de rumbo que permita devolver ós cidadáns a confianza nas institucións e na súa capacidade para artellar, tamén dende os concellos, os mecanismo que fagan posible a tan ansiada recuperación económica. Unha recuperación que pasa, indiscutiblemente, porque todos, cidadáns, representantes políticos e institucións, traballen na mesma dirección, de xeito coordinado e complementario. Entenden asimesmo que as eleccións de maio deben aproveitarse para censurar a política económica desenvolvida polo goberno central, cuxas consecuencias están a pagar todos os cidadáns, incluídos lóxicamente tamén os da provincia de Lugo. Neste senso, recalcan que apoiar ós socialistas e ós nacionaistas o vindeiro mes de maio leva implícito avalar a acción de goberno realizada por Rodríguez Zapatero.  

Os populares entenden tamén que unha condición indespensable para poñer en práctica ese proceso de rexeneración pasa por asegurar a existencia de gobernos fortes e estables en cada un dos concellos da provincia. Gobernos que estén centrados e adicados en exclusiva a resolver os problemas dos cidadáns ós que representan, e fondamente  comprometidos en habilitar os cauces precisos para asegurarlles un futuro mellor. 

A este respecto, dende o PP fixeron fincapé na necesidade de rebaixar o custe de mantemento dos gobernos locais, sobre todo aqueles que por estar integrados por varios partidos, como é o caso dalgúns concellos e da mesma Deputación, consumen unha importante porcentaxe orzamental en si mesmo, en detrimento do conxunto da cidadanía. Os populares consideran que os lucenses non deben pagar ese sobrecusto que os gobernos de coalición levan aparellado.

Durante a quinta convención do Partido Popular de Lugo, que se encargou de inaugurar o presidente provincial José Manuel Barreiro, acompañado, na súa calidade de anfitrión, polo voceiro municipal e candidato á Alcaldía de A Fonsagrada Tobías Martínez, e na que, entre outros, participou coma ponente o secretario xeral do PPdeG Alfonso Rueda, o futuro dos concellos, por tanto, constituiu o eixo fundamental sobre o que xirou a minuciosa análise realizada.  

MARCAR DIFERENCIAS.- Neste contexto, os representantes populares teñen claro que deben marcar diferencias co resto das formacións políticas que concurrirán ós comicios do vindeiro 22 de maio. E esas diferencias deben pasar, segundo concluíron, por marcar un notorio distanciamento coa acción de goberno e coa maneira de entender a práctica política deses partidos, poñendo especial énfase en socialistas e nacionalistas. O concepto a aplicar é sinxelo e inequívoco: non todos os políticos son iguais e unha maneira distinta de gobernar é posible.

Dirixirse á cidadanía con honestidade e coa verdade por diante é un dos puntos de partida básicos. O recoñecemento e aceptación da realidade que nos toca vivir, cunha alta taxa de desemprego, unha suba xeralizada de impostos, un recorte sin precedentes dos dereitos sociais e unhas perpectivas de futuro incertas, conforma unha das premisas a asumir e á que hai que dar resposta e, sobre todo, solución.