Becerreá, 19 de marzo de 2011.- Os candidatos de Navia de Suarna, Triacastela, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Baralla, Becerreá, Cervantes, As Nogais e Folgoso do Courel, xunto co secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro e Samuel Juárez, visitaron está mañá a feira do gando que se celebraba en Becerreá.
Nesta feira, que se celebra os días 3 e 19 de cada mes, danse cita tódolos gandeiros da comarca e arredores, achegándose compradores non só das provincias galegas, senón tamén de Asturias e León, principalmente.
Os representantes populares aproveitaron, tras facer un percorrido pola feira e o mercadillo, para disfrutar dun xantar nas casetas instaladas no recinto feiral.