Lugo, a 19 de marzo de 2011.- O coordinador de Educación e Formación do PPdeLugo Celso Currás reuniuse onte en Lugo con representantes populares de A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Guitiriz, Lugo, Meira, Pol e Rábade para analizar pormenorizadamente a situación do ensino público nestes municipios.
O encontro enmárcase na ronda de contactos que ó longo do último ano viñeron manténdose en diversos puntos da provincia para abordar este asunto e ó que seguirá, dentro dun par de semanas, outro na comarca da Mariña.
Neste contexto, onte analizáronse tanto as demandas que lle foron plantexadas polos propios país e nais dos alumnos ós representantes populares, relacionadas básicamente co funcionamento dos comedores escolares, o percorrido realizado polo transporte escolar ou a cesión de uso de instalación deportivas, como outras cuestión relacionadas coa conservación das instalación educativas ou a seguridade vial na proximidade dos centros, e mesmo que accións poderían levarse a cabo dende o goberno local para complementar a labor formativa que se está a realizar nos centros de ensino.
Así, durante o encontro de onte decidiron desenvolver diferentes accións nos municipios analizados encamiñadas, por exemplo, a poñer en marcha programas de prevención do ausentismo escolar e para evitar o abandono das aulas a idades tempranas; o fomento de prácticas saudables, tanto no que atinxe á práctica deportiva como nos hábitos alimenticios, e mesmo para promover o desenvolvemento de actividades para os escolares en época de vacacións, centradas básicamente en programas de potenciación de lectura, favorecendo o achegamento das bibliotecas municipais ós centros mediante préstamo ou presenza rotativa.
Os populares tamén consideraron interesante promover a participación dos centros escolares en programas de intercambio, ben sexa entre concellos, comunidades autónomas ou países e, sobre todo, responder á realidade social de que os avós xogan un papel moi importante no cuidado e formación dos escolares posto que asumen moitas tarefas tradicionalmente asignadas ós pais. A este respecto, os populares consideran primordial implicar ós avós nas actividades extraescolares que se desenvolvan nos centros e incluso ver a posibilidade de establecer accións dirixidas específicamente a eles.
Os respresentantes populares tamén conviñeron que era preciso promover o máis posible a implicación dos pais e nais dos alumnos na educación dos seus fillos e que un xeito de facelo era a través da creación de asociacións, así como a conveniencia de que a dirección dos centros docentes a asuma alguén que voluntariamente queira facelo e evitar que a súa designación, precisamente por falta de aspirantes a ocupar eses postos, obrigue a administración a designalos directamente.
A partir de agora, os populares manterán encontros cos pais dos alumnos nos seus respectivos concellos para trasladarlles as conclusións deste análise e para poñer en prácticas as accións que se consideren máis axeitadas en cada ámbito.