Foz, 19 de marzo de 2011.- O secretario xeral de Novas Xeracións de Galicia, Juan Francisco López Prieto, desprazouse hoxe á Mariña para ter unha reunión con representantes e membros da organización xuvenil nesta comarca, e crear así a primeira xunta comarcal nesta nova etapa de Novas Xeracións.
A creación de xuntas comarcais como elemento de cohesión interna e punto de unión entre concellos que comparten, ademáis dunha proximidade territorial, unhas inquietudes e problemáticas semellantes; así como tamén establecer vínculos e puntos de traballo en común eran parte das propostas do programa co que Javier Dorado chegou á presidencia rexional, e esas propostas seguen a convertirse en realidade día a día.
López Prieto asistiu acompañado do presidente provincial de Lugo, Daniel Vega e co Vicesecretario Territorial de Novas Xeracións de Galicia, Alberto Piñeiro.
López Prieto manifestou a súa satisfacción porque “as xuntas comarcais comezan a ser unha realidade, e serán un elemento clave de cara a organización interna e a súa preparación para afrontar os vindeiros compromisos electorais os que nos imos enfrontar”, destacou tamén o duro traballo que levou a cabo Novas Xeracións para a creación destes entes comarcais, estudiando as particularidades e características de cada zona para darlle así unha maior e mellor funcionalidade, e sobro todo agradecendo este traballo a Alberto Piñeiro, que foi o encargado como Vicesecretario Territorial da coordinación do mesmo. Felicitou tamén a Diego Campo pola súa nova responsabilidade e polo respaldo que ten dos compañeiros do resto da Mariña que lle mostraron a súa confianza coa elección, e recordoulle que asume unha gran carga de traballo que pola contra, vai desenvolver perfectamente.
Na súa intervención, Daniel Vega, manifestou a súa ledicia por que a primeira xunta comarcal se constituíse na provincia de Lugo, e animou os membros desta nova xunta a traballar en equipo e a reo por e para a organización político-xuvenil máis importante de Galicia.
Pola contra, Alberto Piñeiro explicou as características das organización comarcais, que estarán formadas por dúas persoas de cada concello da comarca, independientemente de se teñen xunta local constituida ou non, e que unha desas persoas, neste caso Diego Campo, asume a responsabilidade de ser o coordinador comarcal, unha figura que ten a única función de traballar e ser punto de unión entre os concellos de A Mariña. Como dixo Piñeiro “é un cargo sen cargo pero con traballo”.
Deste xeito, a organización xuvenil do PPdeG segue a expandirse e a ter presencia cada día en máis concellos, demostrando así porqué é a organización político-xuvenil máis importante de Galicia. Un traballo que se ven realizando que polo de pronto permitiu, ata o de agora, crear unha ducia de xuntas locais, a renovación de outras tantas e, a partir de hoxe a creación de xuntas comarcais en todo o territorio galego.
Para finalizar, o recién elixido coordinador comarcal, Diego Campo, agradeceu a tódolos presentes o apoio recibido, e prometeu traballar de acordo co nivel de responsabilidade adquirido.